CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


206 votos
Xa votaches!


01-02-2019

A terceira xornada Malas Linguas abordará a transmisión non familiar da lingua

Malas Linguas
O 1 de marzo terá lugar en Santiago de Compostela a terceira xornada do ciclo Malas Linguas: activando falantes do século XXI. Esta terceira cita titúlase Lingua, infancia e mocidade. Transmisión non familiar da lingua. A inscrición está aberta e é gratuíta.


O ciclo de xornadas Malas Linguas: activando falantes do século XXI está organizada pola Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña. A primeira cita tivo lugar o pasado 23 de outubro, a segunda o 29 de novembro de 2018 e o ciclo finalizará o 12 de abril de 2019.

Esta terceira xornada terá lugar no Centro Sociocultural do Ensanche en Santiago de Compostela, en horario de mañá.

PROGRAMA (tamén anexo en .pdf ao final desta nova)

10:00: apertura da xornada. Goretti Sanmartín Rei (vicepresidenta da Deputación da Coruña)

10:15: Argumentos para o galego: Séchu Sende (profesor e activista)

10:30: Mesa de debate: Actitudes e percepcións sobre a lingua da mocidade galega hoxe

- Estibaliz Amorrortu (profesora da Universidade de Deusto)

- Miguel R. Carnota (profesor e investigador)

- Bernadette O´Rourke (profesora da Universidade de Heriot-Watt)

12:00: Pausa – café.

12:30: Argumentos para o galego: Pilar Ponte (profesora de Lingua Galega e Literatura)

12:45: Mesa de debate: Experiencias inspiradoras

- Koldo Tellitu (presidente da Federación de Ikastolas-Ikastolen Elkartea)

- Rute Palhares (presidenta da ANPA CEIP Paraixal)

- Paco Esteve i Beneito (filólogo e escritor)

14:00: Peche da xornada

A inscrición para todas as xornadas é gratuíta e faise a través deste formulario.

Máis información aquí.

Listaxe de vídeos das dúas xornadas anteriores aquí.


Ligazóns relacionadas


Programa terceira xornada Malas Linguas

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego