CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


12103 votos
Xa votaches!


13-02-2019

Conéctate á comunidade e multiplícate!

Terceira edición de Youtubeir@s
Logo dunha grande expectación, presentouse a terceira edición de Youtubeir@s, o concurso organizado por SNL da Administración local e das tres universidades galegas para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube. E chega cunha nova categoría, vídeo-cantarmos. Xa está aberto o período de inscrición de vídeos e canles até o 27 de setembro de 2019.


1.PARA QUE NACEU YOUTUBEIR@S?

Os premios Youtubeir@s teñen como obxectivo incentivar a creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego, así como a súa promoción e visibilización a través da Rede e o recoñecemento daqueles de maior enxeño e creatividade, calidade técnica, eficiencia comunicativa e calidade lingüística.

2.QUEN PODE PARTICIPAR?

Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos que queiran transmitir algún coñecemento e/ou opinar sobre algún tema de interese a través de vídeos autoproducidos subidos a YouTube de xeito independente ou nunha canle.

3.COMO DEBEN SER OS VÍDEOS E AS CANLES PARTICIPANTES?

Todos os vídeos participantes teñen que estar publicados con data posterior ao 15 de marzo de 2018 na plataforma de vídeos Youtube, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición. Teñen que ter unha duración máxima de 5 minutos e estar integramente en galego.

No caso de presentar canles, ten que haber polo menos 5 vídeos realizados con data posterior ao 15 de marzo de 2018 e estar a maioría dos vídeos da canle en galego.

Están excluídos expresamente os traballos de índole comercial ou publicitaria e aqueles vídeos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.

4.COMO ME INSCRIBO E CANDO?

O prazo para inscribir os vídeos e canles é do 13 de febreiro ao 27 de setembro de 2019 ás 23.59 h. A participación está aberta ao ámbito internacional e é gratuíta.

As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario que figura no web. Cada autor ou autora pode inscribir tantos vídeos ou canles como desexe. No momento da inscrición debe escoller a categoría en que quere inscribirse.

5.QUE CATEGORÍAS HAI ESTE ANO?

- Vídeo-facermos: vídeo que mostra saberes e procesos de elaboración a través dun titorial para que outra xente poida aprender.

- Vídeo-opinarmos: exposición dunha opinión ou valoración arredor dun tema de interese e dun xeito argumentado.

- Canle: poderase presentar a Youtubeir@s a canle propia con todos os seus vídeos. Nesta categoría valorarase a calidade na creación de contidos, a traxectoria, a constancia e a capacidade de repercusión (número de visualizacións, comentarios, interaccións…)

- Vídeo-cantarmos: vídeo musical que abrangue versións, composicións orixinais, coreografías, ata parodias e adaptacións de temas independentes ou dos máis comerciais.

7. QUE É A #PROPOSTAYOUTUBEIRA?

Nesta terceira edición continúa a #propostayoutubeira. Nela, a través da rede social Facebook, calquera persoa pode propor os seus vídeos favoritos para que concorran a este premio.

O prazo para facer estas propostas como público é dende o 13 de febreiro ata o 27 de setembro de 2019 ás 23.59 h.

Con todas as propostas recibidas crearase un formulario de votación nas redes sociais de Youtubeir@s para que todo o mundo poida votar polos seus vídeos preferidos.

Esta votación realizarase do 1 ao 14 de outubro. Os cinco vídeos con máis votos pasarán ao xurado dos premios, que escollerá entre eles, seguindo os criterios das bases xerais, o Premio do Público #PropostaYoutubeira.

6.QUE PREMIOS PODO LEVAR?

Esta segunda edición de Youtubeir@s ten os seguintes premios:

- Premio ao mellor vídeo-facermos: 1.000 €
- Premio ao mellor vídeo-opinarmos: 1.000 €
- Premio á mellor canle: 1.000 €
- Premio ao mellor vídeo-cantarmos: 1.000 €
- Premio á creatividade: 500 €
- Premio á eficiencia comunicativa: 500 €
- Premio á calidade técnica: 500 €
- Premio á calidade lingüística: 500 €
- Premios do público #propostayoutubeira: 500 €

Cada persoa participante pode recibir máis dun premio e, se o xurado así o considera, pode haber premios declarados desertos ou compartidos. As contías serán únicas e estarán suxeitas ás retencións correspondentes conforme a normativa tributaria.

7. QUEN PROMOVE ESTA INICIATIVA?

Organizan Youtubeir@s os servizos de normalización lingüística dos concellos da Coruña, A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, a Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña e os servizos de normalización lingüística das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Información completa no web Youtubeir@s.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego