CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


12326 votos
Xa votaches!


25-03-2019

Campaña da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para promover o uso do galego na declaración da renda

En galego. É lóxico.
Ante o próximo inicio da campaña da renda o 2 de abril, a Asociación de Funcionario para a Normalización Lingüística promove unha acción para incentivar o uso do galego nesta xestión: Eu [declaro] a renda en galego. É lóxico. Por dereito.


A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística anima as persoas contribuíntes a que escollan a lingua galega á hora de presentar a súa declaración da renda. Con esta campaña viral busca concienciar os/as galegos/as para exercermos un dereito que temos recoñecido, e que podemos executar de forma sinxela, escollendo a lingua de tramitación da declaración.

Así mesmo, marcar a opción de galego na declaración da renda transmítelle á Administración xeral do Estado que pulamos polos nosos dereitos e reclamamos máis respecto pola nosa lingua nas relacións das administracións estatais coa cidadanía galega ou galegofalante.

A campaña, que ten por lema Eu [declaro] a renda en galego. É lóxico. Por dereito, estará en marcha durante todo o período de presentación da renda. Procurará chegar a un gran número de destinatarios/as grazas ao apoio a través das redes sociais de persoas de diferentes ámbitos e complementarase coa remisión de propostas de mocións aos concellos galegos co fin de que fagan unha declaración en defensa da utilización da lingua galega diante das administracións públicas, entre outras accións.

A información completa sobre a campaña e os diferentes pasos que irá dando pode consultarse na súa páxina de Facebook, En galego. É lóxico.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego