CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8251 votos
Xa votaches!


04-06-2019

O turismo centrará o curso de verán sobre dinamización lingüística da UDC

XV Curso de verán. Traballando en lingua no turismo
O Curso de verán sobre dinamización lingüística da Universidade da Coruña centrará este ano o seu programa no sector do turismo. Terá lugar os días 17 e 18 de xullo no Fórum Carballo. O prazo de inscrición está aberto até o 10 de xullo (ampliado posteriormente até o 16 de xullo).



O curso de verán sobre dinamización lingüística que organiza o SNL da UDC chega neste 2019 á súa décimo quinta edición e analizará como potenciarmos o uso da lingua no ámbito do turismo e utilizarmos o galego como un valor e un recurso que teña interese en ser coñecido e valorado polo turismo.

As sesións incluirán conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos, nas cales se analizará por que, como, onde e cando deixamos de utilizar o galego ao entrar en contacto con xente de fóra. Tamén haberá sesións destinadas a reparar no éxito de produtos que só utilizan a lingua propia para se dar a coñecer.

O XV Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en lingua". Lingua e turismo está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello de Carballo.


OBXECTIVOS

• Analizar, valorar e/ou deseñar estratexias e accións para a posta en valor, incremento do uso e visibilización do galego en ámbitos turísticos.

• Detectar e analizar problemas e prexuízos existentes arredor do uso da lingua galega nos ámbitos relacionados coa presenza de turistas e/ou persoas non coñecedoras do galego.

• Valorar o galego e a cultura propia como recurso de interese turístico.

• Deseñar unha proposta de boas prácticas lingüísticas no ámbito turístico.

• Coñecer e poñer en valor experiencias positivas de uso do galego en ámbitos turísticos.

PERSOAS DESTINATARIAS

Persoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, especialmente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadoras/es socioculturais, estudantes, membros de asociacións, de empresas de dinamización social, lingüística ou cultural, técnicas/os de cultura, animadoras/es etc.

LUGAR E DATAS

O curso terá lugar no Fórum Carballo, praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, A Milagrosa, Carballo (localización en Google Maps) os días 17 e 18 de xullo de 2019.

MATRÍCULA

O prazo de matrícula neste curso está aberto até o 10 de xullo de 2019 (ampliado posteriormente até o 16 de xullo), e o número de prazas está limitado a 65 persoas, que se cubrirán por orde de inscrición.

O prezo de inscrición é de 30 € para estudantes de calquera universidade, comunidade universitaria da UDC e persoas desempregadas e de 50 € para as demais persoas. O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, o material que se utilizará, os cafés conxuntos e o xantar dos dous días.


PROGRAMA

Día 17 de xullo

09.00 h: recepción e entrega de documentación

09.30 h: inauguración e benvida
Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística
Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña
Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde de Carballo
Marisol Ríos Noia, coordinadora do SNL da UDC
Xosé Manuel Sánchez Rei, director do curso

10.00 h: conferencia "Unha lingua como unha catedral"
María Elvira Lezcano González, profesora da EU de Turismo da UDC

11.00 h: café conxunto

11.30 h: conferencia "Galego e organización cultural desde o exterior"
Matías Martínez Abeijón, profesor de linguas modernas na Universidade de Cleveland

12-30: mesa redonda "O galego, máis un recurso no turismo de museos"
Olga Conde Abalde, historiadora, exadministradora do CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) de Pontevedra(moderadora)
Fuco Sanjiao, secretario do Padroado do Museo do Pobo Galego
Manuel Ramos, historiador da arte e guía da Torre de Hércules
Rosa Brañas Abad, profesora da Facultade de Historia da Universidade de Vigo

14.30 h: xantar conxunto

16.00 h: análise e propostas: "A lingua galega como máis un atractivo turístico"
Jakson Renner Rodrigues, profesor da EU de Turismo da UDC

17.00 h. mesa redonda "A lingua do turismo nos concellos galegos"
María Traveso Lago, membro do equipo Promove Consultora (moderadora)
Anabel Gulías Torreiro, concelleira de Promoción Económica e responsable da Sociedade Mercantil Turismo de Pontevedra, S.A.
María Cristina Cid Fernández, alcaldesa de Allariz e concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio
Xosé Regueira Varela, deputado provincial e concelleiro de Promoción Económica e Normalización Lingüística do Concello de Carballo

18.30 h: descanso

19.00 h: obradoiro "Deseñar produtos turísticos en que a lingua é un valor"
Fátima Rodríguez Figueiras, membro do equipo de Promove Consultora

Día 18 de xullo

9.30 h: conferencia "A lingua e a súa importancia nas visitas guiadas"
Iria Varela Parafita, vogal da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia

10.30 h: mesa de experiencias "O suceso coa lingua no ámbito da restauración"
Manuel Gago Mariño, xornalista e profesor da USC, autor do blog Capítulo Cero (moderador)
Paula Fraga, guía oficial de turismo e creadora do proxecto «Octopus to the Party»
Xan Galbán Galiñanes, cociñeiro e xerente do hotel e restaurante María Castaña
Xosé Gontá, socio de espazo enocultural Vide Vide!
Javier Olleros, cociñeiro do restaurante Culler de Pau

12.00 h. café conxunto

12.30: mesa de experiencias "O galego nos festivais, un valor necesario"
Rosalía Fernández Rial, escritora (moderadora)
Beatriz Corral, asesora técnica na Secretaría Xeral de Política Lingüística
Xaime Garaboa, Fundación Galicia Sustentable
(ambos responsables de «O galego crea ambiente» Fest Galicia)
Alfonso Pato, director do Festival de Cans
Alberto Sueiro Pastoriza, director do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro)

14.30 h: xantar conxunto

16.00 h: conferencia "Potencialidades do turismo idiomático en Galicia"
Lanzada Calatayud Álvarez, xerenta do Consorcio de Turismo da Coruña

17.00 h: experiencias de intervención-mesa redonda "A música en galego como atractivo turístico dentro e fóra da Galiza"
Xurxo Souto, cantante e escritor (moderador)
MJ Pérez, cantautora
Belém Tajes, cantante, compositora e instrumentista
Lydia Botana «Bolboreta», música multiinstrumentista

18.30 h: descanso

19.00 h: obradoiro "Deseñar rutas turísticas en galego"
Encarna Otero Cepeda, historiadora

Máis información e programa completo en .pdf aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego