CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


7304 votos
Xa votaches!


08-08-2019

A IV Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes das rúas

IV Xornada de Onomástica Galega
A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 19 de outubro a IV Xornada de Onomástica Galega, que estará dedicada aos nomes das rúas. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. A entrada é libre mais tamén é posible inscribirse para obter diploma de asistencia.


O programa desta IV Xornada de Onomástica Galega prestará atención ao compoñente social, histórico e político que subxace nestes nomes e fornecerá os participantes de exemplos de experiencias sobre este tema desenvolvidas nos centros de ensino. Presentarase ademais unha proposta de modelo para as novas denominacións baseada na premisa de recorrer primeiro ás formas tradicionais previas antes ca as conmemorativas.

PROGRAMA

9:45 h: inauguración

Primeira sesión

10:00-11:30 h: A conformación dos nomes das rúas na Idade Media
- Santiago de Compostela, Gonzalo Hermo (Universitat de Barcelona)
- Baiona, Gonzalo Navaza (Universidade de Vigo)
Presenta: Ramón Lorenzo

11:30-12:00 h: descanso

12:00-12:45 h: Apropiación do espazo público e memoricidio: do golpe de 1936 ás políticas públicas da memoria, Antonio Miguez Macho (Universidade de Santiago de Compostela)
Presenta: Antón Santamarina

Segunda sesión

13:00-14:15 h: Modelos de intervención didáctica
- A toponimia urbana como recurso didáctico: un proxecto do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo, Suso Fernández Acevedo (IES Ribadeo)
- Hai rúas nas aldeas? Unha experiencia didáctica no concello de Valga, Pilar Buela e Carlos Montejano (IES Valga)
Presenta: Xulia Marqués

Terceira sesión

16:15-18:30 h: mesa redonda A salvagarda da toponimia tradicional fronte á odonimia conmemorativa: a práctica da denominación das rúas nos espazos urbanos
- Pontevedra. Conchi Cochón (SNL do Concello de Pontevedra)
- Vigo. Marta Souto (SNL do Concello de Vigo)
- A Coruña. Iván Méndez (SNL do Concello da Coruña)
- Lalín. Marta Negro Romero (ILG)
Modera: Luz Méndez

Cuarta sesión

18:45-19:15 h: Proposta para un modelo de denominación odonímica, Gonzalo Navaza (Universidade de Vigo)

19:30: clausura

As sesións desenvolveranse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

RECOÑECEMENTO COMO ACTIVIDADE FORMATIVA PARA O PROFESORADO
A xornada está en proceso de obter o recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico antes do 15 de outubro a publicacions@academia.gal en que figuren os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- DNI
- Enderezo postal completo
- Correo electrónico
- Teléfono
- Datos profesionais
Ao final das xornadas entregarase un diploma de asistencia.

Máis información aquí.

Programa en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego