CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


11947 votos
Xa votaches!


10-10-2019

Simposio ILG 2019. Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

Simposio ILG 2019
Os días 5, 6 e 7 de novembro, en horario de tarde, terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC o Simposio ILG 2019, que nesta edición abordará a relación entre a lingua, o patrimonio e o coñecemento tradicional. A inscrición está aberta ata o 21 de outubro para o profesorado e ata o 27 de outubro para o resto de asistentes.


O Simposio ILG 2019 Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional ten por obxectivo xeral poñer en valor o patrimonio inmaterial e sensibilizar arredor da necesidade da súa recollida, protección, promoción e desenvolvemento, con especial atención ao patrimonio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Con este marco de fondo, o encontro organízase en tres xornadas con cadanseu foco temático.

A finalidade da primeira xornada é facilitar principios metodolóxicos básicos, desde o punto de vista da antropoloxía cultural e da dialectoloxía, para unha recolleita adecuada do patrimonio inmaterial. Na segunda xornada preténdese mostrar o valor dos datos lingüísticos e presentar unha nova ferramenta para o estudo da variación dialectal, poñendo o foco no léxico de Galicia e do norte de Portugal. Finalmente, a terceira xornada estará dedicada á presentación de proxectos vinculados coa recolleita de léxico e concibidos para o ámbito do ensino non universitario.

O Instituto da Lingua Galega, entidade organizadora, pretende que o simposio sexa un lugar de encontro de investigadores, docentes e estudantes ao redor do patrimonio inmaterial, un punto de confluencia de disciplinas, enfoques e intereses diversos que sirva para ampliar a nosa mirada, crear sinerxías e promover novos proxectos ao redor da riqueza léxica e cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O Simposio ILG 2019 está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega. Nesta edición, ademais, forma parte da oferta formativa do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso académico 2019/2020.

INSCRICIÓN

Prevénse dúas modalidades de inscrición con diferentes prazos:

- Dado que esta actividade forma parte da oferta formativa do CAFI para o curso académico 2019/2020, o profesorado dos centros públicos e concertados que desexe asistir ao simposio terá que efectuar a inscrición, ata o 21 de outubro, a través desta ligazón (ref. G1902011).

- O resto de asistentes poderán formalizar a inscrición cubrindo este formulario. O prazo de inscrición para non docentes remata o día 27 de outubro.

HORARIO, DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN

O Simposio ILG 2019 terá lugar os días 5, 6 e 7 de novembro, a partir das 18.00 h (a partir das 17.30 o primeiro día), no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. Castelao, s/n, Campus Norte).

Programa e máis información aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego