CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


10934 votos
Xa votaches!


18-12-2019

O galego no ensino. O ensino en galego

O galego no ensino. O ensino en galego
A CIG-Ensino e a AS-PG organizan o vindeiro 25 de xaneiro en Compostela a xornada de debate e reflexión O galego no ensino. O ensino en galego. A matrícula é gratuíta e está aberta até o 24 de xaneiro.











A xornada O galego no ensino. O ensino en galego terá lugar no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e ten os seguintes obxectivos:

- Mostrar distintos modelos de normalización lingüística aplicados no Estado español e reflexionar sobre os seus resultados.

- Reflexionar sobre a repercusión do Decreto do plurilingüismo na situación actual da lingua galega e en relación co momento anterior da súa aplicación.

- Mostrar distintas posturas e iniciativas do profesorado ante a situación da lingua galega no ensino.

- Refexionar sobre o papel da Administración educativa e dos poderes políticos en canto á normalización lingüística.

- Concluír que medidas se poden tomar para impulsar a recuperación da lingua en distintos ámbitos dada a situación actual de retroceso e perda de falantes.

PROGRAMA

Sesión de mañá

10:00 horas. PILAR GARCÍA NEGRO, profesora UDC e escritora: A lingua galega no ensino: acomodación ou normalización?

11:30 horas. PERE MAYÁNS BALCELLS, xefe do Servei de Suports i Recursos Lingüístics do Departament d´Educació da Generalitat: A escola no proceso de normalización lingüística do catalán en Catalunya

12:30 horas. Descanso

13:00 horas
. PAUL BILBAO SARRIA, secretario xeral de Kontseilua (Consello de Organismos Sociais do Éuscaro): Competencia na lingua propia no sistema educativo da Comunidade Autónoma Vasca: luces e sombras

Sesión de tarde

16:30 horas. MERCEDES QUEIXAS ZAS, docente de lingua e literatura galegas e escritora: A reconstrución dunha desfeita. Abrir un tempo novo para tomar a palabra

17:30 horas. O profesorado toma a iniciativa: posta en común de experiencias normalizadoras actuais:

- CIBRÁN ARXIBAI QUEIRUGA, docente de matemáticas no IES Antón Losada Diéguez da Estrada
- DOLORES OUBIÑA MILLÁN, docente na escola de educación infantil A Pastora de Cambados
- SOFÍA RAMA LORENZO, docente de lingua e literatura galegas no IES Félix Muriel de Rianxo
- COVADONGA RODRÍGUEZ ARGUELLES, docente e responsábel da biblioteca no CEIP Xosé María Brea Segade de Rianxo
- NEL VIDAL BARRAL, docente de lingua e literatura galegas no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo.

19:30 horas
. Conclusións

MATRÍCULA

A matrícula é gratuíta e debe facerse a través do formulario desta páxina. O prazo está aberto até o 24 de xaneiro.

Máis información aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego