CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


11719 votos
Xa votaches!


02-02-2020

Praza de TNL de Carballo: a CTNL solicita que se cubra o antes posible

Logo do SNL de Carballo
A CTNL dirixiuse ao Concello de Carballo para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística, vacante desde hai máis dun ano. O SNL do Concello de Carballo estivo en funcionamento durante case 15 anos e participou activamente na creación de diversos proxectos colaborativos entre SNL das administracións locais.


O Concello de Carballo contou durante case 15 anos cun servizo de normalización lingüística estable, dotado dun posto técnico que figura recollido na última modificación da RPT (BOP da Coruña do 20 de xullo de 2017). Alén disto, a entidade tamén conta cunha Ordenanza para o impulso social da lingua galega no concello de Carballo, que regula a responsabilidade da Administración na promoción do uso e do prestixio da lingua, para o cal estará asesorada por un servizo de normalización lingüística (artigos 21 e 22).

Durante os anos que estivo en funcionamento, este servizo de normalización lingüística (SNL) planificou, xestionou e executou numerosas accións para cumprir os obxectivos desta ordenanza, desde proxectos con continuidade no tempo coma os cursos de acollemento lingüístico e cultural ou o Premio a artigos xornalísticos normalizadores a campañas máis puntuais como qrtm8 ou CC. En galego ti tes a licenza. Alén disto, o SNL de Carballo participou como impulsor ou colaborador nos grandes programas de normalización lingüística que desenvolven conxuntamente un bo feixe de SNL das administracións locais e universitarias, traballo colectivo que enriquece os proxectos e contribúe a optimizar recursos, ideas e resultados. Son exemplos disto o programa Apego, Youtubeir@s, Enreguéifate ou o Club de Debate.

Con todo, desde setembro de 2018, o servizo de normalización lingüística deste concello está sen actividade por falta de responsable técnico/a. O Concello de Carballo xa anunciou a cobertura definitiva desta praza vacante na oferta de emprego público de 2019 (BOP da Coruña do 27 de marzo de 2019), mais a execución destas ofertas de emprego público é lenta e non parece que vaia supor unha recuperación inmediata do servizo de normalización lingüística.

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA É COMPETENCIA MUNICIPAL

As entidades locais de Galicia teñen entre as súas competencias a normalización lingüística, é dicir, a promoción do uso e do prestixio da lingua galega en todos os ámbitos de influencia da entidade. Así o aclararon en 2018 a Dirección Xeral da Administración Local e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa redacción e difusión do Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia.

As ferramentas de traballo das administracións públicas para exerceren as súas funcións son os equipos técnicos especializados, tanto no departamento de urbanismo ou no de servizos sociais como no de lingua. É imprescindible un departamento técnico ou SNL estable, dotado de persoal e orzamento suficiente, para analizar a situación da lingua na entidade local, no municipio ou na comarca, asesorar a entidade en política lingüística e para planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística que interveñan nas áreas prioritarias onde o galego perde prestixio ou utilidade. En definitiva, os servizos de normalización lingüística son necesarios para que os concellos poidan exercer de forma eficaz as súas competencias en normalización lingüística.

O traballo de normalización da lingua, que procura transformacións sociais e o afianzamento da autoestima lingüística, necesita ser desenvolvido con continuidade para ter eficacia. A paralización dun servizo deste tipo non supón unha simple interrupción temporal do traballo, senón un retroceso no labor cotián e na implantación do departamento técnico na institución. Alén disto, máis dun ano sen SNL en Carballo supón que moitas das persoas destinatarias das súas accións perdesen a oportunidade de participar en programas coma Apego ou o Club de Debate, entre outras iniciativas que deixaron de levarse a cabo nestes meses. Cómpre, pois, dar solución a esta eiva coa contratación o antes posible dun/dunha técnico/a de normalización lingüística e retomar así o funcionamento do Servizo de Normalización Lingüística de Carballo.

Por este motivo, a CTNL solicitoulle ao Concello de Carballo que cubra o posto vacante de técnica/o de normalización lingüística para continuar contando cun departamento especializado que planifique, xestione, execute e avalíe accións e programas de normalización da lingua.

Escrito dirixido ao Concello de Carballo, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego