CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7693 votos
Xa votaches!


04-02-2020

Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Gondomar

Ordenanza de NL de Gondomar
O Concello de Gondomar acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras a fase de información pública e a resolución das alegacións presentadas, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 3 de febreiro de 2020.



O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 3 de febreiro de 2020 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Gondomar.

Este texto do Concello de Gondomar declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia de Galicia. Por tanto, establécese que "as actuacións administrativas realizaranse en galego no territorio municipal e terán plena validez e eficacia".

Ao longo dos seus 32 artigos distribuídos en 12 capítulos, regúlase o uso oficial do idioma galego nas resolucións e na documentación administrativa; nas relacións coas e cos administrados; nas relacións institucionais; nos avisos, publicacións e actividades públicas; nos rexistros; na atención ao público; na toponimia, sinalizacións e rótulos e na selección, provisión e reciclaxe do persoal. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e os mecanismos de cumprimento e seguimento da ordenanza.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (SNL)

O texto da ordenanza recolle no seu artigo 2.4 que "o Concello de Gondomar mantén un Servizo de Normalización Lingüística co obxectivo de dar pulo á normalización do concello". Aínda que non hai un artigo ou capítulo que se ocupe exclusivamente do SNL e recolla pormenorizadamente as súas funcións, si se mencionan ao longo do seu articulado as seguintes:

- establecerá criterios de uso lingüístico para a entidade (art. 2.4);

- responsabilizarase da corrección de textos que deban ser publicados (art. 16);

- formará parte dos tribunais de selección de persoal para valorar os coñecementos de galego (art. 25);

- determinará os perfís lingüísticos do persoal dos diferentes departamentos (art. 26);

- organizará cursos de lingua galega para o funcionariado (art. 27);

- formará parte da Comisión Interdepartamental de seguimento da ordenanza (art. 30.1);

- ocuparase das tarefas para dar pulo institucional á "normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, asociativas, culturais, deportivas e calquera outra dentro do ámbito municipal" (art. 32.1 e 2) e

- será o soporte técnico para un traballo transversal neste eido de todos os organismos do concello" (art. 32).

Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Gondomar, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego