CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


6480 votos
Xa votaches!


18-06-2020

A CTNL presenta alegacións á aprobación da RPT de Betanzos

Concello de Betanzos (fonte: Galipedia)O Concello de Betanzos anunciou a aprobación provisional da súa relación de postos de traballo (nos BOP do 16 de marzo e do 17 de xuño). Neste documento non se inclúe a praza de técnico/a de normalización lingüística, posto existente en Betanzos desde o ano 2005. Polo tanto, a CTNL presentou alegacións co fin de que se corrixa esta eiva na aprobación definitiva da RPT.

No BOP da Coruña do 16 de marzo de 2020 e do 17 de xuño de 2020, o Concello de Betanzos publicou o anuncio da aprobación inicial da súa relación de postos de traballo.

Neste documento non figura a praza de técnico/a de normalización lingüística, posto de traballo que se creou no Concello de Betanzos no ano 2005. Porén, si aparece recollido como persoal laboral do grupo I en documentos previos a esta nova relación de postos de traballo (orzamentos, relacións de postos de traballo e cadros de persoal desde 2005).

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que as entidades locais “deberán elaborar unha relación de postos de traballo que conteña todos os postos de traballo existentes nelas”, condición que cumpre a praza de TNL desde 2005 e mesmo foi incluída nunha relación de postos de traballo de 2008.

Por outra banda, o Concello de Betanzos aprobou en 2016 a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega, onde se recolle que “O Concello de Betanzos contará cun Servizo de Normalización Lingüística (SNL) estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización e procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza”.

A exclusión da praza de técnico/a de normalización lingüística na nova relación de postos de traballo do Concello de Betanzos contravén tanto a Lei de emprego público de Galicia coma a propia ordenanza para o impulso de lingua galega, pois deixa fóra da RPT un posto existente cunha traballo continuado de 15 anos e dificulta a estabilización do SNL.

A CTNL solicítalle por tanto ao Concello de Betanzos que corrixa esta eiva na aprobación definitiva da RPT. A mellora que propomos é ademais unha oportunidade para consolidar e dar estabilidade ao servizo de normalización lingüística en Betanzos.

Escrito de alegacións dirixido ao Concello de Betanzos, en pdf.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego