20-08-2020Convocatoria de praza de técnico/a de normalizacion lingüística no Concello de Noia
O Concello de Noia
anunciou no BOP de hoxe a convocatoria dun proceso selectivo para a provisión dunha praza de
técnico/a de normalización lingüística e a formación dunha bolsa de emprego. O
prazo para presentar solicitudes é de
dez días hábiles.
O
Concello de Noia publicou no BOP do 20 de agosto o anuncio da convocatoria dun proceso selectivo para prover unha
praza de técnico/a de normalización lingüística, alén de para crear unha
bolsa de emprego para futuras contratacións.
CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLOA praza será do
grupo A1 da categoría técnico/a de normalización lingüística, coas funcións establecidas no
programa de axudas para SNL da Deputación Provincial de Coruña. A contratación ou nomeamento farase a
media xornada durante un máximo de seis meses por ano natural.
VIXENCIA DA BOLSA DE EMPREGOA bolsa de emprego que se cree a partir desta convocatoria terá unha vixencia xeral de
tres anos desde a aprobación da súa constitución.
TITULACIÓN REQUIRIDAPara participar neste proceso selectivo, cómpre ter algunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa ou equivalente
- Licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente
- Licenciatura en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou equivalente
- Grao en Lingua Galega ou equivalente
- Calquera outra licenciatura ou grao sempre que se dispoña do Celga 5
SISTEMA DE SELECCIÓN E PROCESO SELECTIVOO sistema selectivo será o de
concurso-oposición, onde a fase de concurso será previa á fase de oposición.
Na
fase de concurso valorarase a
experiencia profesional relacionada co posto de traballo, tanto en administracións públicas coma en entidades privadas. A
puntuación máxima da fase de concurso é de
2 puntos.
A
fase de oposición valorarase cun
máximo de 8 puntos e consistirá nun
exame tipo test, de 40 preguntas con tres respostas, sobre o temario do anexo II das
bases.
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN E PRAZOA solicitude axustarase ao
modelo anexo ás bases e poderá presentarse tanto na sede electrónica coma presencialmente no Rexistro do Concello e noutras oficinas de acordo coa Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Debe incluír documento de identidade, titulación e relación de méritos coa documentación pertinente.
O
prazo de presentación de solicitudes é de
dez días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. Polo tanto,
o prazo finaliza o 3 de setembro.
Máis información na
sede electrónica do Concello de Noia: bases completas, modelo de solicitude, temario...
Bases completas, en .pdfAnuncio da convocatoria, en .pdf (BOP da Coruña do 20 de agosto de 2020)