CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


6314 votos
Xa votaches!


16-09-2020

Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño

Ordenanza de NL do Porriño
O Concello do Porriño aproba a súa Ordenanza de uso da lingua galega. Publicouse no BOP de hoxe, logo da aprobación definitiva polo Pleno da Corporación o pasado 26 de agosto.



O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 16 de setembro de 2020 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño.

Este texto normativo do Concello do Porriño declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galiza. Por tanto, establécese que "O Concello do Porriño empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social e nas relación coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galiza e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas".

Ao longo dos seus 21 artigos distribuídos en 13 capítulos, regúlase o uso oficial do idioma galego; o ámbito de aplicación; a atención ao público; o emprego da lingua na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais, no encargo e contratación de servizos e nas relacións coas empresas privadas; na toponimia, sinalizacións e rótulos; nas relacións con outras administracións; e polo persoal ao servizo da Administración. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e o labor de mellora da calidade lingüística e da linguaxe democrática inclusiva.

A UNIDADE TÉCNICA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O texto da ordenanza recolle no seu artigo 21 todo o relativo ao persoal técnico da Concellaría de Normalización Lingüística, que "procurará o incremento do uso e prestixio do idioma galego no ámbito e coordinará as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza".

No mesmo artigo detállanse as funcións desta unidade técnica, que se clasifican en catro áreas: funcións xerais, funcións de dinamización sociolingüística, funcións de formación sociolingüística, e funcións de asesoramento lingüístico (algunhas delas tamén recollidas parcialmente nos artigos 10, 13, 17, 18 e 19).

Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego