CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


355 votos
Xa votaches!


22-12-2020

Axudas da Deputación da Coruña para creación, reforzo e mantemento de SNL en 2021

Deputación da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 22 de decembro de de 2020 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2021, dirixida a entidades locais. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 29 de xaneiro de 2021 ás 14.00.


A Deputación Provincial da Coruña anunciou as bases do programa de axudas para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais. Esta regulación publicouse corrixida no BOP da Coruña do 22 de decembro de 2020.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar esta subvención concellos da provincia da Coruña de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.

MODALIDADES DE AXUDAS:

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística

- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)

IMPORTE DAS AXUDAS

As axudas servirán para financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).

O importe total do crédito consignado (500.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha cantidade fixa de 15.000 euros se a contratación se produce durante todo ano e a xornada completa. O importe reducirase proporcionalmente á xornada desenvolvida polo persoal.

FORMA E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

De acordo coa base 7.1 da convocatoria, os prazos de inicio e fin de presentación de solicitudes determinaranse a partir da publicación no BOP da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Este extracto publicouse no BOP do 15 de xaneiro de 2021 e estableceu como data límite para presentar solicitudes o 29 de xaneiro ás 14.00 horas.

As solicitudes presentaranse telematicamente na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).

Así mesmo, na base 9.1 tamén se especifica o prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 30 de abril de 2022.

Información máis detallada:

- nas bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf (BOP do 22 de decembro de 2020)

- no extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 15 de xaneiro de 2021)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego