CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1440 votos
Xa votaches!


26-01-2021

Convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Mancomunidade Concellos Comarca de Ferrol
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol anunciou no BOP do 26 de xaneiro de 2021 a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística como persoal funcionario interino. O sistema de selección será o concurso-oposición e o prazo para presentar solicitudes é de 8 días hábiles.


No BOP do 26 de xaneiro de 2021, a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol publicou o anuncio da convocatoria para a provisión con carácter interino e polo procedemento de concurso-oposición dun posto de técnico/a de normalización lingüística. As bases correspondentes a esta convocatoria publicáronse no taboleiro de anuncios do web da Mancomunidade.

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA


A convocatoria é para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística no grupo A1, que corresponderá á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior. A relación xurídica será de persoal funcionario interino/a.

O traballo desenvolverase nos concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño de forma itinerante, un día da semana en cada concello, sen prexuízo das competencias que se lle adscriban dende a Xerencia da Mancomunidade. Terá por obxecto, con carácter xeral, as funcións de natureza técnica necesarias para o normal funcionamento do servizo e para a consecución dos obxectivos previstos no programa de subvencións provinciais de concorrencia competitiva dirixido a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística.

A duración inicial da contratación será até o 31 de decembro de 2022, con posibilidade de prórroga até un prazo máximo de catro anos.

TITULACIÓN REQUIRIDA

Para participar neste proceso selectivo, cómpre ter algunha das seguintes titulacións:

- Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa ou equivalente

- Licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente

- Licenciatura en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou equivalente

- Grao en Lingua Galega ou equivalente

- Calquera outra licenciatura ou grao sempre que se dispoña do Celga 5

SISTEMA DE SELECCIÓN E PROCESO SELECTIVO

O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

Na fase de concurso valorarase a experiencia profesional relacionada co posto de traballo, tanto en administracións públicas coma en entidades privadas, a formación directamente relacionada coa praza, o coñecemento de idiomas e formación en linguaxe administrativa. A puntuación máxima da fase de concurso é de 40 puntos.

A fase de oposición valorarase cun máximo de 60 puntos e consistirá nun exame tipo test, de 50 preguntas con seis de reserva, sobre o temario do anexo I das bases.

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN E PRAZO

A solicitude axustarase ao modelo anexo ás bases e poderá presentarse nos rexistros da Mancomunidade ou mediante o procedemento regulado no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Debe incluír documento de identidade, titulación e relación de méritos coa documentación pertinente.

As persoas que presenten a solicitude noutros rexistros ou en Correos, deberán comunicalo a Mancomunidade, durante o mesmo prazo de presentación de instancias, remitindo unha copia da solicitude presentada e xa rexistrada por correo electrónico dirixido a mancomunidade@ferrol.es, onde se indicará como asunto "convocatoria técnico/a de normalización lingüística".

O prazo de presentación de solicitudes é de oito días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. Polo tanto, o prazo finaliza o 5 de febreiro.

Oa sucesivos anuncios sobre este proceso selectivo publicaranse no web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol (taboleiro de anuncios)

Bases completas, en .pdf

Anuncio da convocatoria, en .pdf (BOP da Coruña do 26 de xaneiro de 2021)


Ligazóns relacionadas


Bases da convocatoria

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego