CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


320 votos
Xa votaches!


04-03-2021

A quinta edición do concurso Quero Cantar chega con novidades

Quero Cantar
A Deputación da Coruña publicou no BOP do 1 de marzo de 2021 as bases da quinta edición do concurso Quero Cantar. Nesta edición só haberá a categoría xuvenil e o premio consistirá nun programa formativo con profesionais da música galega. O prazo para participar no concurso é do 16 de marzo ao 30 de setembro de 2021.








No BOP do 1 de marzo de 2021, publicáronse as bases do V Concurso “Quero Cantar” de música xuvenil, organizado pola Deputación Provincial da Coruña co fin de promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical no ámbito da infancia e a adolescencia.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Calquera grupo ou solista de ámbito galego que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen publicamente difundidas antes por ningún tipo de soporte nin canle

Nesta edición especial de 2021 o concurso constará dunha única fase e convócase só a categoría xuvenil, que atende aos seguintes límites:

- Idade: de 13 a 16 anos

- Número máximo de compoñentes: 12

QUE SE NECESITA?

A convocatoria tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).

Quen presente a solicitude, que pode non ser integrante do grupo, deberá dispoñer dun único enderezo electrónico de contacto durante a tramitación do expediente, ao que se dirixirán as comunicacións, e certificado dixital, que pode ser o DNI electrónico ou un certificado software emitido pola Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre ou outro prestador de servizos de certificación.

A documentación que se debe presentar é a seguinte:

- Maqueta da composición en formato audiovisual (Mp4) ou só audio (Mp3) cunha duración máxima de 10 minutos.

- Letra da canción en PDF. Opcionalmente, tamén a partitura.

– Relación de compoñentes do grupo, indicando nome e apelidos, idade, función dentro do grupo (interpretación e composición) e acompañada con fotocopia do DNI ou, se é o caso, do libro de familia.

– Breve biografía do grupo, acompañada dunha fotografía.

– Documento de aceptación das bases do concurso e de cesión dos dereitos de imaxe (para os fins relacionados co concurso, exclusivamente) que deberá estar asinado polas persoas integrantes do grupo ou polas súas nais/pais, titores ou representantes legais. As persoas que asinen en representación de menores deben xuntar tamén fotocopia do seu documento de identidade.

– Acreditación do nomeamento da persoa representante do grupo no que se especifique o alcance da dita representación (presentación telemática da solicitude e sinatura electrónica de toda a documentación necesaria para a súa tramitación).

– Declaración de consentimento expreso para o tratamento dos datos persoais que constan na solicitude para a participación no V Concurso “Quero Cantar” de música xuvenil, de conformidade co establecido na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

CAL É O PRAZO?

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

Este anuncio publicouse no BOP do 15 de marzo e estableceu o prazo de presentación de solicitudes desde o 16 de marzo até as 14.00 h do 30 de setembro de 2021.

CAL É O PREMIO?

O premio para os dous grupos ou solistas seleccionados polo xurado consistirá na participación no Programa Formativo Quero Cantar, que consiste na titorización por parte dun ou dunha artista de recoñecida traxectoria na música galega para o desenvolvemento dunha canción e nun obradoiro de difusión musical en redes sociais. Os detalles do programa formativo especifícanse no anexo das bases.

Ademais, o programa formativo esténdese tamén a grupos de edicións anteriores que xa están a piques de comezar a súa formación. Os grupos participantes e as persoas que van realizar a titorización van ser os seguintes: "Os nenos da Vella" con Belem Tajes, "Quenindiole" con Xosé Lois Romero, "Máis Boas cás Patacas" con Sés, "Noa" con Ugía e "Pequenos Besbellos" con Paco Cerdeira.

Información máis detallada nas bases (en .pdf) e no web da Deputación da Coruña.

Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 15 de marzo de 2021)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego