04-03-2021Móvete, un concurso de vídeos para celebrar os 50 anos do ILG
Neste 2021 o
Instituto da Lingua Galega (ILG) conmemora o seu 50 aniversario. Para celebralo organiza o
concurso de vídeo Móvete, destinado ao estudantado dos institutos galegos e das zonas de fala galega fóra de Galicia. O
prazo de participación é
do 1 de marzo ao 31 de maio de 2021.
O concurso Móvete créase cos obxectivos xerais de
incentivar o uso do galego e
dar a coñecer o ILG entre a xente nova.
PERSOAS DESTINATARIASO
concurso Móvete está dirixido a
alumnado que estea cursando
3º, 4º da ESO, 1º ou 2º de Bacharelato, un ciclo de FP básica ou de grao medio e permite participar en dúas modalidades: individual e en grupo. Neste último caso, deberá facerse baixo a dirección ou o asesoramento dun ou dunha docente, que será a persoa de contacto e responsable do proxecto.
COMO DEBEN SER OS VÍDEOS?Os vídeos que se presenten a Móvete deberán ser inéditos e orixinais e non poderán superar os 2 minutos de duración nin os 300 MB de tamaño. Os
temas que se propoñen para a creación de pezas audiovisuais son tres:
- Móvete co galego
- Conmóvete co galego
- Promove o galego
PREMIOSO xurado elixirá un máximo de
tres persoas e tres grupos finalistas por tema. Valorarase a calidade e orixinalidade da peza, así como o uso creativo das tecnoloxías e das ferramentas empregadas.
O premio para o mellor vídeo individual de cada tema consistirá nun teléfono móbil iPhone. O premio para o mellor vídeo en grupo de cada tema consistirá nunha videocámara. Os restantes finalistas recibirán un smartwatch (modalidade individual) e un lote de libros (modalidade de grupo).
É importante sinalar que os vídeos serán difundidos a través das contas de
Instagram e
Twitter do ILG e a través da súa
canle de YouTube, de xeito que o vídeo que obteña unha maior puntuación de acordo coas interaccións a que dea lugar ao longo de todo o concurso (1 punto por gústame/favorito, 2 puntos por comentario e 5 puntos por rechouchío/compartido) tamén recibirá un premio, unha tableta.
COMO INSCRIBIR OS VÍDEOS?Na
páxina do concurso figura un formulario para inscribir as pezas a concurso. Nel deberá incluírse, entre outras informacións, un título ou un texto en galego dun máximo de 150 caracteres que acompañará o vídeo cando este sexa difundido. Tamén se require unha imaxe para anunciar o vídeo, un avance do vídeo alén do vídeo completo e diversa información de contacto e relacionada cos centros educativos.
Unha mesma persoa ou grupo pode participar con varios vídeos nun mesmo tema e así mesmo pode participar nun, en varios ou en todos os temas propostos. Deberá cubrirse un formulario por cada un dos vídeos enviados.
PRAZOO
prazo de participación está aberto
do 1 de marzo ao 31 de maio de 2021.
Colaboran no concurso Móvete a
Secretaría Xeral de Política Lingüística e
Gadis.
Máis información na
páxina do concurso, onde están as
bases e a
corrección destas.