CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


368 votos
Xa votaches!


21-07-2021

Convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística para os concellos de Quiroga e Ribas de Sil

TNL de Quiroga e Ribas de Sil
O agrupamento dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil convoca unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística, ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia para a promoción do galego desde as entidades locais. Prazo para concorrer: até o 26 de xullo.


Os concellos de Quiroga e Ribas de Sil convocan agrupados unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística. Este servizo de normalización lingüística temporal créase ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia para a promoción do galego desde as entidades locais.

FUNCIÓNS DA PRAZA:

- Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos dos municipios dos concellos integrantes da agrupación
- Asesorar a Administración, mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración, resolver dúbidas e elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.
- Impartir un curso de formación en lingua galega preparatorio para acceder aos Celga.
- Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico.
- Propoñer e planificar actividades concretas que conciencien a mocidade e a sociedade en xeral respecto do uso da lingua galega.
- Coordinarse coa Rede de Dinamización Lingüística para planificar, xestionar e avaliar accións de fomento do emprego do uso do galego.

CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO:

Contrato por obra ou servizo a xornada completa durante aproximadamente dous meses, correspondente ao grupo de 1 de cotización e cun soldo bruto de 1475,16 euros.

REQUISITOS DE TITULACIÓN:

- grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega, grao en Galego e Portugués: Estudos lingüísticos e literarios.
- licenciaturas equivalentes aos graos anteriores
- outras titulacións superiores pertencentes ás áreas de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas xunto co Celga 5

PROCESO SELECTIVO: concurso-oposición, coas seguintes probas:

- Fase de concurso, onde se valora formación específica e experiencia laboral
- Fase de oposición con dúas probas de tradución
- Entrevista persoal sobre o desempeño do posto de técnico/a de normalización lingüística.

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:

Cinco días hábiles desde a publicación da convocatoria na Sede Electrónica do Concello de Quiroga (publicación do 19 de xullo). Polo tanto, o prazo finaliza o 26 de xullo.

Bases completas e anexos, en .pdf.


Ligazóns relacionadas


Bases completas e anexos

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego