21-07-2021Convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística para os concellos de Quiroga e Ribas de Sil

Os concellos de
Quiroga e
Ribas de Sil convocan agrupados unha
praza temporal de técnico/a de normalización lingüística. Este servizo de normalización lingüística temporal créase ao abeiro das
axudas da Xunta de Galicia para a promoción do galego desde as entidades locais.
FUNCIÓNS DA PRAZA:- Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos dos municipios dos concellos integrantes da agrupación
- Asesorar a Administración, mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración, resolver dúbidas e elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.
- Impartir un curso de formación en lingua galega preparatorio para acceder aos Celga.
- Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico.
- Propoñer e planificar actividades concretas que conciencien a mocidade e a sociedade en xeral respecto do uso da lingua galega.
- Coordinarse coa Rede de Dinamización Lingüística para planificar, xestionar e avaliar accións de fomento do emprego do uso do galego.
CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO:Contrato por obra ou servizo a xornada completa durante aproximadamente
dous meses, correspondente ao grupo de 1 de cotización e cun
soldo bruto de 1475,16 euros.
REQUISITOS DE TITULACIÓN:- grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega, grao en Galego e Portugués: Estudos lingüísticos e literarios.
- licenciaturas equivalentes aos graos anteriores
- outras titulacións superiores pertencentes ás áreas de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas xunto co Celga 5
PROCESO SELECTIVO: concurso-oposición, coas seguintes probas:
-
Fase de concurso, onde se valora formación específica e experiencia laboral
-
Fase de oposición con dúas probas de tradución
-
Entrevista persoal sobre o desempeño do posto de técnico/a de normalización lingüística.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:
Cinco días hábiles desde a publicación da convocatoria na Sede Electrónica do Concello de Quiroga (publicación do 19 de xullo). Polo tanto,
o prazo finaliza o 26 de xullo.
Bases completas e anexos, en .pdf.