27-08-2021Bases específicas dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Carballo
O
Concello de Carballo publica no
Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 27 de agosto de 2021 as
bases específicas para a cobertura como funcionario/a de carreira dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, incluída na
oferta de emprego público do ano 2019.
A convocatoria réxese polas bases específicas publicadas hoxe e, naquilo que non fose modificado por normativa posterior, tamén polas
bases xerais segunda a décimo sexta publicadas no BOP do 5 de xaneiro de 2011.
OBXECTO DA CONVOCATORIAConvócase unha praza de funcionario/a de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos/as superiores, denominada
técnico/a de normalización lingüística (grupo A1, nivel de complemento de destino 22).
As funcións da praza veñen establecidas nas bases especificas de acordo coa Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Carballo aprobada polo Pleno Municipal, en sesión ordinaria celebrada o 30 de setembro de 2013.
REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTESAlén dos establecidos na base terceira das bases xerais, os requisitos de
titulación son: licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou grao en Lingua Galega; ou tamén titulación en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5.
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓNO sistema de selección será o
concurso-oposición libre.
FASE DE CONCURSOA puntuación máxima posible desta fase é de
40 puntos. Valoraranse os seguintes méritos:
-
Experiencia profesional en postos de traballo relacionados co obxecto da convocatoria: ata un máximo de 18 puntos, con valoración diferenciada se a experiencia corresponde á Administración local ou a outras administracións públicas ou entidades públicas ou privadas
-
Formación relacionada co posto de traballo: ata 10 puntos.
-
Docencia de cursos de lingua galega: ata 3 puntos.
-
Publicacións e creación de materiais relacionados coa lingua galega: ata 4 puntos.
-
Participación en proxectos de investigación relacionados coa lingua galega: ata 5 puntos.
Esta fase non terá carácter eliminatorio.
FASE DE OPOSICIÓNA totalidade desta fase terá unha cualificación máxima global de
80 puntos, e consistirá na realización de tres probas obrigatorias e eliminatorias:
-
Primeiro exercicio: consistirá nun
exame tipo test sobre a parte xeral do temario. Incluirá 50 preguntas e 5 de reserva para responder en 60 minutos. A puntuación máxima desta proba é de 25 puntos.
-
Segundo exercicio: consistirá en
desenvolver por escrito dous temas da parte específica do temario. Os temas escolleranse entre tres extraídos por sorteo e a duración da proba será de tres horas. A puntuación máxima desta proba é de 20 puntos.
-
Terceiro exercico: consistirá en
realizar un suposto práctico. A puntuación máxima desta proba é de 35 puntos.
O temario, de 30 temas na parte xeral e 60 na parte específica, figura como anexo das bases específicas.
PRESENTACIÓN DE INSTANCIASAs solicitudes para participar neste proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Se, consonte o devandito precepto, se presentan a través das oficinas de Correos, deberá aparecer o selo de certificado no sobre exterior e na propia solicitude.
DEREITOS DE EXAMEO dereitos de exame establécense en 24,00 €.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no
Boletín Oficial del Estado (BOE).
Este anuncio publicouse no BOE do 28 de setembro de 2021, polo que
o prazo para presentar solicitudes está aberto do 29 de setembro ao 18 de outubro de 2021.
Información completa:
-
Oferta pública de emprego, en .pdf (BOP do 27 de marzo de 2019)
-
Bases xerais, en .pdf (BOP do 5 de xaneiro de 2011)
-
Bases específicas, en .pdf (BOP do 27 de agosto de 2021)
-
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 28 de setembro de 2021)
Información no web do Concello de Carballo
aquí.