CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


5496 votos
Xa votaches!


03-10-2021

A sétima edición do LGx15 será o 16 de outubro en Santiago de Compostela

LGx15 2021
Tras a edición en 2020 desde as redes sociais, o LGx15 de 2021 volve a ser un evento con público, onde poderemos escoitar seis charlas para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar no Centro Sociocultural de Santa Marta, Santiago de Compostela, o 16 de outubro ás 18.00 h.


Con intervencións dun máximo de 15 minutos, as seis persoas convidadas desta sétima edición falarannos sobre o uso da lingua no audiovisual como ferramenta de autoestima, das potencialidades do seu emprego nas redes sociais ou como valor de mercado, contarannos diferentes percorridos lingüísticos, de retorno á lingua propia ou de descubrimento... Diferentes perspectivas que nos axudarán a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos e alento reforzado e a intentar influír no imaxinario colectivo arredor do idioma lanzando propostas, consellos, experiencias e ideas.

CANDO E ONDE VAI SER?

A edición deste ano do LGx15 retoma o evento con público: terá lugar o sábado 16 de outubro, ás 18.00 h, na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, Santiago de Compostela.

QUEN VAI PARTICIPAR?

Nesta nova edición do LGx15 intervirán as seguintes persoas:

- Alice Piccardi (xornalista italiana afincada en Galiza): contaranos a súa experiencia e relación coa lingua despois de 20 anos vivindo entre nós, coa charla titulada "Alice no país da diglosia”.

- Xosé Luís Reza (especialista en márketing): abordará o valor de mercado da nosa lingua en “O galego como elemento diferenciador”

- Ana Moreiras (docente e coordinadora do festival audiovisual escolar Olloboi): a partir da súa experiencia profesional analizará as repercusións de iniciativas deste tipo na autoestima da mocidade, especialmente da galegofalante. O título da súa intervención é “Olloboi: normalización do galego no audiovisual que usa a mocidade”.

- Agos Reigosa (impulsor de Twitch en Galego): mostraranos a situación e as potencialidades da lingua nas novas plataformas de comunicación, coa charla “Internet non é lugar para o galego”.

- María Vázquez (actriz): falaranos das decisións que repercutiron na educación das súas crianzas e na súa actividade laboral coa intervención “Crianza en galego… Volver ás orixes”.

- Paco Cerdeira Pakolas (músico, compositor e produtor): relataranos o seu percorrido lingüístico entre México e Galiza con “Nin de eiquí nin de acolá”.

Conducirá a edición deste ano o escritor, actor e humorista Carlos Meixide.

QUERO IR! COMO CONSIGO AS ENTRADAS?

As entradas desta nova edición do LGx15 serán gratuítas, mais será necesario reservalas a través de Internet entre o 7 de outubro e o 14 de outubro ás 14.00 h .

A reserva de convites farase nesta ligazón. Pódense reservar un ou dous lugares e é necesario proporcionar os seguintes datos: nome e apelidos, correo electrónico e número de teléfono.

É importante escribir ben ambos todos os datos pois a través do enderezo de correo electrónico enviarase a confirmación do convite ou, se é o caso, a comunicación de que estades na listaxe de agarda.

IMPORTANTE: se tes convite confirmado e por calquera circunstancia finalmente non podes/podedes asistir, agradecemos enormemente que nolo comuniques antes do sábado para liberar a túa praza e que outra/s persoa/s da listaxe de agarda poida/n asistir.

Durante o acto será necesario respectar as medidas de seguranza sanitaria vixentes no momento (uso de máscara, distancia interpersoal e hixiene de mans).


Lembras as edicións anteriores?

A primeira edición do LGx15 tivo lugar en novembro do ano 2015, e nela participaran Luís Iglesia, Xurxo Mariño, Lara Tigre, Manuel N. Singala, Carmen Grimaldi e Xosé Lois Vilar, ademais das actuacións de AldaoLado, Alba María e Xenderal. Podes consultar os vídeos das charlas aquí.

Un ano despois foi segunda edición, que contou coas intervencións de Alberte Lamazares, Belén Regueira, Elena Ferro, Diana Fernández e David Díaz (Bolboretas no bandullo), Marcus Fernández, María Yáñez, Mark Wiersma e Rosalía Fernández Rial, coa actuación musical dos Poetarras e a presentación dos regueifeiros Josinho da Teixeira e Luís O Caruncho.

O terceiro LGx15 celebrouse en novembro de 2017 e nel participaron Alonso Caxade, Patricia Buxán e Miguel Braña, Alba García, Fátima Fathallah, Brais García e Jonathan Blanco, Cecilia Fernández, Iria Veiga, José Antonio Rubal, Nuria Espasandín e Pedro Brandariz, coa actuación musical de MJ Pérez e todo conducido por Vicente Mohedano.

A cuarta edición chegou en 2018 e nela interviñeron Javier Balea, Eira Losada, Mercé Barrientos, Inma Gil Rosendo, Manolo Maseda, Xema Varela, Ruth Caramés e Aquel-e, coa actuación musical de Brais Morán e a presentación das regueifeiras Lupe Blanco e Alba María.

Na quinta edición, de 2019, participaron nela Rosa Aneiros, Suso López, Alba Rodríguez Carrera, Xoana, Alba Mancebo, Emilio del Río, Daunae de Vir e Roberto Rivas. Actuaron como mestres de cerimonias Os da Ría Íntimos. As charlas poden consultarse aquí.

E as intervencións da sexta edición graváronse a porta pechada: Ángel Carracedo, Manuel Gago, Esther Estévez, Bea Campos, Laura Marín, Adrián Dios e Verto (Alberto Mira e Fernando Peleteiro).

Os vídeos desas diversas charlas poden verse no web do LGx15 e na canle de YouTube da CTNL. Nesta canle mesmo se poden consultar algúns dos vídeos clasificados por temática en diferentes listas de reprodución: LGx15 e crianza, LGx15 e ciencia, LGx15 e neofalantes, LGx15 e deporte, Lgx15 e medicina, LGx15 e audiovisual...

O LGx15 é un evento organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello de Santiago de Compostela, pensado para o entusiasmo, a diversión, a reflexión e o futuro do galego.

Máis información no web do LGx15, no perfil de Facebook do evento e na conta de Twitter da CTNL.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego