CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


868 votos
Xa votaches!


24-01-2022

Curso de Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino

Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino
A CIG-Ensino e a AS-PG organizan un curso sobre Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino. Será impartido por Nel Vidal e desenvolverase en liña entre o 4 e o 25 de febreiro. A inscrición está aberta.


A CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) inclúen no seu plan de formación para docentes un curso titulado Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino. Esta actividade formativa ten unha duración de 30 horas e desenvolverase na modalidade de teleformación entre o 4 e o 25 de febreiro.

OBXECTIVOS DO CURSO:

- Manexar metodoloxías para o deseño e a implementación de proxectos de dinamización e normalización da lingua galega nos centros de ensino, desde a idea até a avaliación.

- Desenvolver ideas que se poidan converter en proxectos participativos para o fomento do uso e do prestixio da lingua galega entre a poboación escolar e/ou desde os centros de ensino.

- Coñecer diferentes proxectos de dinamización lingüística desenvolvidos en diferentes ámbitos e que se poden ser extrapolábeis para diversos contextos e centros de ensino.

CONTIDOS DO CURSO:

1. Metodoloxía e innovación para o fomento do uso e do prestixio da lingua galega.

2. Creatividade, innovación, adaptación ao contexto, implicación e participación para o desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística entre a rapazada.

3. Da idea á acción. Deseño e implementación de accións concretas para o fomento da lingua: obxectivos, destinatarios/as, medidas, metodoloxías, periodización, comunicación, recursos e avaliación.

4. Exemplos de experiencias de proxectos de dinamización lingüísticas que se poden considerar de boas prácticas e que poden ser extrapolábeis ou inspiradores para diversos ámbitos e contextos.

DOCENTE:

O curso será impartido por Nel Vidal Barral, docente de ensino secundario e extécnico de normalización lingüística no Concello de Carballo.

INSCRICIÓNS:

A inscrición para o curso faise nesta ligazón. A matrícula ordinaria ten un prezo de 65 euros, que se reduce a 15 euros para afiliados/as da CIG e socios/as da AS-PG.

Máis información aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego