CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


4608 votos
Xa votaches!


05-02-2022

Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Cabanas

Concello de Cabanas
O Concello de Cabanas aprobou a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 24 de novembro de 2021 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 1 de febreiro de 2022.


O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 1 de febreiro de 2022 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Cabanas, un texto aprobado no Pleno municipal o 24 de novembro de 2021.

Este texto normativo do Concello de Cabanas declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galicia. Por tanto, establécese que "O Concello de Cabanas empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coa cidadanía e con todas as entidades situadas en Galiza e con aquelas outras que admitan o galego para as actuacións administrativas".

Ao longo dos seus 20 artigos distribuídos en 13 capítulos regúlase o uso oficial do galego; o ámbito de aplicación; a atención ao público; o emprego da lingua na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e no encargo e contratación de servizos; na sinalizacións e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; polo persoal ao servizo da Administración; e na toponimia, nomes de rúas, edificios e outras localizacións.

Tamén se establece no seu articulado a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e o labor de mellora da calidade lingüística e da linguaxe democrática inclusiva.

SEN MENCIÓN DO DEPARTAMENTO TÉCNICO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A pesar de que o Concello de Cabanas conta cun servizo de normalización lingüística compartido coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, no texto da ordenanza non se fai referencia a ningún departamento técnico que asesore a institución para desenvolver as accións de impulso institucional do idioma mencionadas no artigo 19, entre elas, pór en marcha "programas dirixidos á poboación e ás entidades asociativas ou empresariais do municipio para conseguir a implicación progresiva de todos os colectivos no proceso de recuperación social da lingua galega", ou fomentar "o uso e prestixio do galego na transmisión interxeracional, na mocidade, na onomástica, no deporte, nas novas tecnoloxías, na creación e difusión cultural, no ámbito empresarial e comercial, na comunicación, na xustiza, no lecer, na educación, na sanidade, no ámbito relixioso, no turismo, na integración social, na música, no asociacionismo, etc.".

Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Cabanas, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego