CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


718 votos
Xa votaches!


21-02-2022

A Deputación de Pontevedra convoca axudas para creación, mantemento e reforzo de SNL

Deputación de Pontevedra
O BOP de Pontevedra do 21 de febreiro publica as Bases de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2022. No mesmo BOP publícase o extracto desta convocatoria, que sinala o prazo para presentar as solicitudes: até o 21 de marzo.


A Deputación Provincial de Pontevedra convoca no BOP do 21 de febreiro de 2022, o programa anual de axudas para a creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais.

MODALIDADES DE AXUDAS

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística

- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

- Para a creación de SNL: concellos da provincia de Pontevedra de entre 5.000 e 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que, en conxunto, cheguen a 5.000 habitantes.

- Para o mantemento de SNL: concellos da provincia de Pontevedra que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un SNL.

- Para o reforzo de SNL: concellos que conten con SNL e queiran melloralo contratando persoal a maiores ou incrementando a xornada existente.

PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNL

A Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística (base quinta da convocatoria).

PERÍODO QUE ABRANGUE A SUBVENCIÓN

Do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2022.

ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS

O orzamento total das axudas será de 200.000 euros.

Cando o beneficiario sexa un concello ou entidade local a Deputación contribuirá, no exercicio 2022, cun importe máximo de 20.000 euros para contratación do persoal técnico a xornada completa. Se o contrato é de media xornada, o importe máximo será de 10.000 euros e, se a xornada é inferior, o importe reducirase proporcionalmente.

No caso de que a axuda se solicite para a creación, mantemento ou reforzo do SNL dunha agrupación de concellos o importe máximo da axuda será de 25.000 euros por xornada completa e 12.500 euros por media xornada. Noutros tipos de xornada, sen que poida nunca ser inferior á media xornada, o importe reducirase proporcionalmente.

Se o orzamento total de 200.000 euros non for suficiente debido a un número elevado de solicitudes, o órgano concedente rateará entre as entidades beneficiarias da subvención o importe global máximo destinado ás subvencións.

PRAZO E MODALIDADE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes. Comeza o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria, é dicir, o 22 de febreiro e finaliza o 21 de marzo de 2022.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

De acordo coas bases e co extracto da convocatoria, o prazo de xustificación das axudas remata o 28 de febreiro de 2023.

Bases en .pdf. (BOP do 21 de febreiro de 2022)

Extracto en .pdf. (BOP do 21 de febreiro de 2022)

ADDENDA

Resolución das axudas concedidas pola delegación de Servizos Lingüísticos no primeiro semestre de 2022, en .pdf (BOP do 28 de xuño de 2022)

Esta resolución inclúe axudas para o mantemento de SNL en seis concellos: O Grove, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Valga (este último cun proceso selectivo aberto).

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego