30-03-2022A Xunta de Galicia convoca as subvencións para promover a lingua desde as entidade locais
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade
convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (excluídas as deputacións). O
prazo para solicitar estas axudas
remata o 2 de maio.
No DOG de hoxe, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a
orde do 17 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión de
subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL400A). Estas axudas son xestionadas pola
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
MODALIDADES QUE SE SUBVENCIONAN1. Creación dun servizo de normalización lingüística
2. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística
3. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística.
DESTINATARIOS-Concellos ou agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3000 habitantes
PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2022
PRAZO DE SOLICITUDE-Un mes desde o día seguinte da publicación das bases, é dicir,
até o 2 de maio de 2022 por ser inhábil o último día de prazo.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES- As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na
sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I da convocatoria).
CRITERIOS DE VALORACIÓN-Pertenza á Rede de Dinamización Lingüística
-Poboación
-Consideración estratéxica do servizo de normalización lingüística
-Calidade da programación de dinamización lingüística: implicación doutras entidades, incidencia nos ámbitos prioritarios, adecuación das propostas aos obxectivos de promoción do uso e do prestixio da lingua
-Inclusión de formación lingüística
-Continuidade do SNL (só para o mantemento de SNL)
ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN-Deporte
-Mocidade
-Tecnoloxías da información e da comunicación
-Tecido económico e empresarial
-Servizos sociais
-Perspectiva de xénero e igualdade
Alén de ser un ámbito prioritario, no
artigo 7 tamén se especifica a necesidade de que nas accións e actuacións obxecto de subvención se inclúa o
contido transversal de promoción activa da igualdade entre mulleres e homes, a través do uso da linguaxe non sexista, da integración da perspectiva de xénero, do respecto á diversidade e á diferenza, da igualdade de trato e de oportunidades, etc.
ORZAMENTOO orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de
350.000 euros.
Orde completa, en .pdf (DOG do 30 de marzo de 2022)
Extracto da convocatoria, en .pdf (DOG do 30 de marzo de 2022)
ADDENDAResolución da convocatoria, en .pdf (DOG do 26 de xullo de 2022)