CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


470 votos
Xa votaches!


01-05-2022

O 17 de maio manifestámonos "por un novo futuro para a lingua"

Queremos Galego 17 de maio 2022A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca de novo a manifestación do Día das Letras Galegas en Compostela. O lema da convocatoria deste ano é "En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua".

A plataforma cidadá Queremos Galego volve convocar a sociedade galega a unha manifestación o 17 de maio. Será, como é habitual, ás 12.00 entre a Alameda e a praza da Quintana.

En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua

Este é o lema da mobilización deste ano. Con el preténdese salientar o traballo cotián para promover e prestixiar a lingua e que estamos a tempo de conseguir un futuro novo e mellor, grazas á mobilización social.

Presentación da manifestación

O pasado xoves, 28 de abril, Queremos Galego presentou esta convocatoria en rolda de prensa na Libraría Couceiro de Compostela. Na presentación participaron representantes de parte das entidades que forman parte da plataforma.

Salientáronse no acto os avances recentes grazas á perseveranza e ao esforzo do pobo galego, como a incorporación do galego ao catálogo de Netflix ou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que ratifica o dereito a recibir notificacións en galego cando se pide expresamente.

Tamén se puxo o foco nas carencias e dificultades para o noso idioma, como as que teñen que soportar as familias que queren criar nenos e nenas galegofalantes: no ensino, nas actividades extraescolares, no lecer...

E concluíuse que "un novo futuro para o galego é posíbel se todas e todos, cidadanía, entidades sociais e gobernos, imos na mesma dirección, a de asegurar que o galego estea presente e plenamente dispoñíbel".

Autobuses para facilitar a asistencia á manifestación do 17 de maio

A plataforma Queremos Galego porá á disposición das persoas que o desexen transporte colectivo desde todas as comarcas, a prezos económicos. A información dos puntos de saída estará dispoñíbel no web da plataforma.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego