18-05-2022O Concello de Cedeira convoca a ampliación dunha bolsa de traballo para TNL
O
Concello de Cedeira publicou no
BOP do 18 de maio de 2022 a
convocatoria e as bases para a ampliación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística.
REQUISITOS DE TITULACIÓN- grao en Lingua Galega, licenciatura en Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
- outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)
SISTEMA DE SELECCIÓN O proceso de selección consistirá en dúas fases:
-
Concurso de méritos: valoraranse a experiencia profesional e os cursos de formación sobre materias relacionadas coas funcións da praza de máis de 20 horas. A valoración máxima desta fase é de 20 puntos.
-
Entrevista curricular: a comisión realizará unha entrevista sobre aspectos do currículo, funcións do posto, actualización de coñecementos, coñecemento do municipio. A valoración máxima desta proba é de 1 punto.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDESO prazo de presentación de solicitudes será de
10 días naturais que se contarán desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. É dicir,
o prazo finaliza o 30 de maio de 2022, por ser non hábil o último día de prazo.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, na
Sede Electrónica ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
TAXA DO PROCESO SELECTIVOA taxa para participar neste proceso selectivo é de
15 euros, segundo o disposto no artigo 5.2 da Ordenanza municipal 2.6, reguladora da taxa pola participación en procesos selectivos.
Bases e convocatoria en .pdf (BOP do 18 de maio de 2022)