CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


1682 votos
Xa votaches!


03-06-2022

Xornada Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino

Aquí medra a lingua
O Consello da Cultura Galega organiza na tarde do 13 de xuño, a xornada "Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino", para presentar un documental sobre proxectos de dinamización lingüística de centros escolares de Galicia e reflexionar sobre prácticas, metodoloxías e formas de avanzar na normalización lingüística desde o ensino.


O luns 13 de xuño, en sesión de tarde, o Consello da Cultura Galega organiza a xornada "Aquí medra a lingua. Experiencias de dinamización do galego no ensino", con dous obxectivos:

- Presentar o documental producido a partir da serie de audiovisuais co mesmo nome sobre seis proxectos de centros escolares de Galicia

- Reflexionar sobre prácticas, metodoloxías e formas de avanzar na normalización lingüística desde o ámbito educativo.

A inscrición para a xornada, que é gratuíta, xa está aberta e as prazas son limitadas.

Programa da xornada

17:00 horas: presentación
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Carmen García Mateo, coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG
Cristina de la Torre, realizadora audiovisual

17:15 horas: A normalización lingüística nos centros de ensino
Pilar Ponte, profesora e experta en dinamización lingüística

17:45 horas: proxección do documental Aquí medra a lingua

18:15 horas: coloquio con integrantes da comunidade educativa dos centros participantes
Modera: Esther Estévez, xornalista
- Sara Varela, profesora do CRA Nosa Señora do Faro, Ponteceso
- Sonia Lamas, ANPA do CEIP Barouta, Ames
- Belén Escariz, directora do CEIP Quintela, Moaña
- Alejandro Fernández, exalumno do CPI Virxe da Saleta, Cea
- Miruca Parga, profesora do IES Perdouro, Burela
- Sofía Rama, profesora do IES Félix Muriel, Rianxo

19:30 horas: peche da xornada

Inscrición e máis información aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego