CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


528 votos
Xa votaches!


31-07-2022

#veránlingua, o cancelo para revisarmos recursos no mes de agosto

#veránlingua
Durante este mes de agosto, ademais das novas que se produciren, compilaremos na nosa conta de Twitter, co cancelo #veránlingua, recomendacións de lecturas, recursos audiovisuais, webs de proxectos… O verán é tempo de facer as cousas con máis calma e dános a oportunidade de deternos nalgúns recursos que talvez xa anunciamos durante o ano, pero agora podemos revisar cando os días son longos e solleiros.


Informes, libros, vídeos, ferramentas, recursos, xogos, música, reflexión… Propómosvos mergullarvos en diferentes materiais e formatos, con destinatarios/as diversos e perspectivas variadas, a través da nosa conta de Twitter e procurando o cancelo #veránlingua. Este mes de agosto pode haber tempo para coñeceres mellor esa serie de vídeos que quedaron pendentes no seu momento, aprender a empregar esa ferramenta que aínda non probaches ou atopar inspiración para campañas ou proxectos futuros.

No mes de agosto, a lingua non para e a CTNL tampouco. Vémonos nas redes. #veránlingua

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego