CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


1515 votos
Xa votaches!


20-11-2022

O Simposio ILG 2022 aborda a edición dixital de textos antigos

Simposio ILG 2022
O Instituto da Lingua Galega da USC, en colaboración co Consello da Cultura Galega, a Universidade de Alcalá e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, organiza o Simposio ILG 2022, que analizará “A edición dixital de textos antigos: modelos, proxectos e ferramentas”. O simposio terá lugar entre os días 28 de novembro e 2 de decembro. O prazo de inscrición remata o 28 de novembro de 2022.


O Simposio ILG 2022 foi concibido como unha volta ao labor filolóxico primordial, o da ecdótica e a edición de textos, mais cunha ollada renovada, sustentada nas novas tecnoloxías promovidas polas Humanidades Dixitais, interdisciplinar e colaborativa.

Na configuración dos contidos do programa constitúen o núcleo principal as contribucións de especialistas das áreas de Filoloxía Galega e Portuguesa e Historia medieval, que ofrecen un amplo e rico panorama dos proxectos en curso e do potencial presente e futuro na edición dixital de textos galegos e portugueses. Como complemento das anteriores achegas é necesaria a contextualización do estado actual do labor editorial no marco global das Humanidades Dixitais, polo que nas dúas primeiras sesións do simposio recoñecidos especialistas do ámbito ibérico e internacional achegarán a súa experiencia e logros destacados. O simposio adórnase cunha ollada de recoñecemento e homenaxe ao Dr. Harvey L. Sharrer, Emérito da Universidade de California (Santa Bárbara), cofundador dunha das ferramentas dixitais imprescindíbeis para o estudo e edición do patrimonio textual antigo, a BITAGAP (Bibliografía de Textos Antigos Galegos e Portugueses).

LUGAR E DATAS

O simposio terá lugar do 28 de novembro ao 2 de decembro de 2022, en sesións de tarde, no Salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. de Castelao, s/n, Campus Norte, Santiago de Compostela).

INSCRICIÓN

A inscrición é gratuíta . As persoas que desexen asistir poderán formalizar a inscrición cubrindo este formulario. O prazo remata o día 28 de novembro ás 12 h.

Programa e máis información no web do Instituto da Lingua Galega.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego