CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


662 votos
Xa votaches!


20-12-2022

O Concello de Outes publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL

Concello de Outes
O Concello de Outes publicou no BOP do 20 de decembro as bases que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.




Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Outes publicou no BOP do 20 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 70 puntos) e a formación (até 30 puntos).

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Título universitario oficial de licenciado/a en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección galego-portugués), de graduado/a en Lingua Galega, en calquera outra licenciatura ou grao da área de Humanidades ou Ciencias Xurídicas sempre que se dispoña do CELGA 5, ou equivalentes.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio saíu publicado no BOE do 8 de marzo de 2023, polo que o prazo de inscrición está aberto do 9 ao 28 de marzo de 2023.

BOLSAS DE EMPREGO

Nos supostos en que así se prevexa nas respectivas convocatorias, xunto coa resolución dos procesos selectivos de estabilización poderase proceder á creación das correspondentes bolsas de emprego temporal, consonte ao sinalado para o efecto; e que terán por obxecto habilitar unha listaxe de aspirantes á que se acudirá, nos supostos legais procedentes e de acordo coas modalidades de emprego correspondentes, para futuras e xustificadas incorporacións de persoal temporal en praza/posto/condición equivalentes aos convocados.

Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 20 de decembro de 2022)

Anuncio no DOG, en .pdf (DOG do 19 de xaneiro de 2023)

Anuncio no BOE, en .pdf (BOE do 8 de marzo de 2023)

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego