CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


645 votos
Xa votaches!


26-12-2022

A Xunta de Galicia convoca diferentes prazas de lingua no proceso de estabilización de emprego temporal

Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia publica no DOG de hoxe a convocatoria de 12 prazas da escala de expertos/as lingüistas, 11 prazas de titulado/a superior lingüista e dunha praza de tradutor/a intérprete da Administración de xustiza. O sistema de selección é o concurso e o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles desde o 16 de xaneiro de 2023.


Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a Xunta de Galicia publicou no DOG do 26 de decembro as convocatorias de 12 prazas de expertos lingüistas (funcionarios do grupo A1), 11 prazas de titulado/a superior lingüista (persoal laboral do grupo I, categoría 40) e dunha praza de tradutor/a intérprete da Administración de xustiza (persoal laboral do grupo III, categoría 52) .

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso de méritos, onde se valorarán os méritos profesionais (até 70 puntos) e outros méritos (até 30 puntos).

REQUISITOS DE TITULACIÓN

- Escala de expertos/as lingüistas (A1) e titulado/a superior lingüista (grupo I, categoría 40): licenciatura en Filoloxía Galega ou licenciatura en Filoloxía Hispánica, especialidade Galego-Portugués, ou grado en Lingua e Literatura Galegas.

- Tradutor/a intérprete da Administración de xustiza (grupo III, categoría 52): bacharel ou técnico/a.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Inicialmente era de 20 días hábiles desde o día 16 de xaneiro de 2023.

Por mor dunha modificación das bases publicada no DOG do 23 de xaneiro de 2023, o prazo de presentación de solicitudes amplíase até o 17 de febreiro.

Bases e convocatoria das prazas dos grupos A1 e I, en .pdf (DOG do 26 de decembro de 2022)

Bases e convocatoria das prazas do grupo III, en .pdf (DOG do 26 de decembro de 2022)

Modificación das bases, en .pdf (DOG do 23 de xaneiro de 2023)

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego