14-02-2023O Parlamento de Galicia convoca dúas bolsas formativas en publicacións
O
Parlamento de Galicia convoca
nove bolsas de formación práctica na institución, en materias de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións, recursos humanos e contratación, xestión parlamentaria e asistencia xeral e administrativa.
DÚAS BOLSAS EN PUBLICACIÓNSPoden optar a estas bolsas as persoas que posúan grao en Tradución e Interpretación, cando a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega; grao en Lingua e Literatura Galegas; grao en Estudos de Galego e Español con itinerario en lingua galega e española; ou equivalentes.
Outros requisitos comúns a todas as bolsas son:
- Titulación obtida no ano 2016-2017 ou posterior
- Coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4
DURACIÓN E CONTÍA DAS BOLSASAs bolsas terán unha
duración máxima de 12 meses desde o seu inicio.
A contía total de cada bolsa é de
12.000 euros brutos, a razón de
1.000 euros brutos ao mes.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESO prazo de presentación de solicitudes é de
vinte días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, publicación que se produciu no
DOG do 13 de febreiro.
Bases completas en .pdf (
Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do 10 de febreiro de 2023)
Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 13 de febreiro de 2023)