30-05-2023A Deputación de Pontevedra convoca unha praza de tradutor/a de lingua galega como funcionario/a interino/a
A Deputación de Pontevedra publicou no
BOP de Pontevedra do 26 de maio a
convocatoria dunha
praza de tradutor/a de lingua galega en réxime de interinidade. O
prazo para presentar solicitudes finaliza o
5 de xuño.
A
Deputación de Pontevedra publicou no
BOP de Pontevedra do 26 de maio a
convocatoria dunha
praza de tradutor/a de lingua galega en réxime de interinidade.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZATrátase dunha praza de persoal funcionario interino, encadrada no grupo A2-23.
REQUISITOS DE TITULACIÓNLicenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Galega e Española, en Lingua e Literatura Galegas, tradución con especialidade en galego ou equivalentes, ou estar en condicións de obter esta titulación o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
SISTEMA DE SELECCIÓNO procedemento de selección será o de
oposición, que incluirá
dous exercicios:
-
Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un
test de 40 preguntas con varias respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo para a realización deste exercicio será de 40 minutos.
-
Segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na
tradución directa dun texto en castelán elixido polo tribunal
ao idioma galego,
e/ou a corrección dun texto en galego coa xustificación das correccións realizadas, sen axuda do dicionario. Posteriormente, e no caso de que proceda, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESO prazo de presentación de solicitudes será de
dez días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir,
até o 5 de xuño.
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP de Pontevedra do 26 de maio de 2023)