CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


127 votos
Xa votaches!


17-09-2024

Vivir e perdurar na nosa lingua, os XXVI Encontros para a NL reflexionan sobre a lingua nos actos funerarios

Os XXVI Encontros para a Normalización Lingüística tratarán a importancia dos usos lingüísticos nos actos funerarios. Co lema "Vivir e perdurar na nosa lingua", analizarán a importancia da escolla da lingua nos actos funerarios. Os Encontros terán lugar o 15 de outubro de 2024, na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. A inscrición está aberta.


A vixésimo sexta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística ten como obxectivo abordar desde diferentes perspectivas a importancia das escollas lingüísticas nos actos funerarios, analizando teoricamente este aspecto, presentando datos de uso, pondo sobre a mesa recursos e necesidades e presentando iniciativas de impulso.

Os XXVI Encontros convidarán a reflexionar sobre a importancia da lingua escollida para os actos funerarios, presentarán unha visión panorámica das porcentaxes de uso neste primeiro cuarto do século XXI, mostrarán como son os rituais funerarios nas cerimonias civís e nas habituais das confesións relixiosas maioritarias, analizarán con diversos axentes que prestan servizos funerarios de que recursos dispoñen para atenderen a demanda de servizos en galego e exporán iniciativas dinamizadoras presentadas por entidades públicas e privadas.

A xornada inclúe ademais unha visita guiada pola Cidade Vella da man de Manuel Gago. Así mesmo, o programa inclúe unha compilación de recursos na rede de interese para axentes dinamizadores e empresas de servizos.

Os XXVI Encontros para a Normalización Lingüística terán lugar o 15 de outubro de 2024, na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.

PROGRAMA

Sesión da mañá

9:45 horas: inauguración

10:00 horas: RELATORIOS:
- Vitorino Pérez Prieto e Manuel Regal Ledo, teólogos. Reflexión sobre a significación da lingua escollida para os actos funerarios: seguir presente ou desaparecer.
- David Canto Veiga, xornalista. Panorámica do uso da lingua nos rituais funerarios. Porcentaxes xerais e identificación dos lugares de referencia positiva.
Coordina e modera: Anxos Sobriño

11:45 horas: debate conxunto


12:00 horas: pausa

12:30 horas: Mesa coloquio: PERSPECTIVAS COMUNITARIAS. Presenza do galego nos actos funerarios das confesións relixiosas maioritarias. Necesidades, proxectos e propostas.
- Arquidiocese de Santiago de Compostela
- Unión de Comunidades Islámicas de Galicia
- Consello Evanxélico de Galicia
Coordina e modera: Bernardo Penabade

14:00 horas: final da sesión da mañá

Sesión da tarde

16:00 horas: Mesa coloquio: OS SERVIZOS FUNERARIOS. Análise da demanda dos servizos en galego, dos recursos das empresas para atendela e incidencia das iniciativas normalizadoras do sector.
- Jorge Balado Blanco, Asociación Galega de Servizos Funerarios
- Manel Pardo, Lindeiros
- Ana Fabeiro, Ana Fabeiro Arte Floral
- Rocío Vázquez, Luz Verde Eventos
Coordina e modera: Mónica Fernández

17:30 horas: pausa

18:00 horas: Mesa de traballo: DIVULGACIÓN E IMPULSO. Presentación de intervencións e recursos dinamizadores deseñados para o ámbito dos actos funerarios..
- Yoani Jartín Salgado, visitas patrimoniais aos cemiterios de Meira
- Manuel Campos Sanmartín, Día da Restauración da Memoria Lingüística
- Marta Besada, Galeg@ para sempre
Coordina e modera: Ana Iglesias

19:30 horas: clausura

- Peche: As mil caras da morte compostelá, visita comentada pola Cidade Vella con Manuel Gago

INSCRICIÓN

A inscrición nos XXVI Encontros para a Normalización Lingüística é gratuíta e debe facerse a través do formulario desta páxina. O número de prazas é limitado e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Organiza: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua)

Programa en .pdf, recursos dinamizadores e máis información no web do CDSG.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego