CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


104 votos
Xa votaches!


30-09-2024

Comunicado da CTNL no vixésimo aniversario do PXNLG

Plan xeral de normalización da lingua galega
O pasado 21 de setembro fixéronse 20 anos da aprobación por unanimidade no Parlamento de Galicia do Plan xeral de normalización da lingua galega. Dúas décadas despois, as 400 medidas que recolle o documento "para favorecer o uso do idioma nos distintos ámbitos da sociedade e garantir que calquera cidadán poida vivir plenamente en galego" continúan sen aplicarse e, por tanto, os obxectivos establecidos no plan tampouco se acadaron.


Coincidindo co vixésimo aniversario da aprobación no Parlamento galego do Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG), a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) desexa facer públicas as seguintes consideracións:
  • O PXNLG supuxo no seu momento un fito que facía realidade unha vella arela que debía dar paso a unha planificación lingüística que redundase na ampliación de usos e mellora do prestixio da lingua galega. Porén, 20 anos despois resulta evidente que os seus cinco obxectivos xerais continúan sendo plenamente válidos ou, dito noutras palabras, continúan sendo iso mesmo: obxectivos. Isto é, aquilo que se ‘persegue ou se desexa conseguir’ (por utilizarmos a definición académica); aquilo que está lonxe de ser realidade. Hai tanto por facer que mesmo non é ousado afirmar que o documento aprobado en 2004, con pequenos axustes e actualizacións que atendan ás mudanzas e transformacións sociais acontecidas nestas dúas décadas (auxe das redes sociais e irrupción da intelixencia artificial, maior poboación inmigrante etc.), continúa a ter plena validez hoxe mesmo.

  • A pesar do seu grao de concreción, desde hai tempo o PXNLG semella atoparse nunha vía morta. Desbotado como folla de ruta e sen ningún desenvolvemento normativo en prol da causa (senón todo o contrario), custa ver na política lingüística emanada desde o Goberno galego unha orientación clara, que obedeza á consecución de obxectivos específicos e que transcenda do ámbito estritamente cultural ou libresco. E non só iso, senón que mesmo non faltan exemplos de mensaxes que problematizan a lingua galega ou que parecen diluír o deber e a responsabilidade dos poderes públicos para a súa normalización e delegar esta na poboación (a oferta positiva da administración, da que se fala no PXLNG, transmutada na demanda reactiva do/a administrado/a).

  • A aplicación dun documento como o PXNLG esixe, alén da vontade política, de recursos materiais e persoais. Porén, a súa aprobación non supuxo un aumento do orzamento para a política lingüística nin un incremento do persoal técnico para poder despregalo no conxunto da administración galega.

  • A planificación cativeira destas dúas décadas foi seguida por unha avaliación nas mesmas proporcións, mais todos os indicadores estatísticos recadados son inequívocos en sinalar o descenso no uso da lingua e a alarmante quebra da súa transmisión interxeracional. No mesmo sentido, todos os informes e pronunciamentos de instancias −galegas e non galegas− a respecto deste período inciden no equivocado e pernicioso camiño trazado (sen ir máis lonxe, o recente informe de avaliación do Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa).

Por todo o anterior, desde a CTNL entendemos que a “posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe” (obxectivo número 1 do PXNLG) con total normalidade non é hoxe máis real nin máis factible do que o era hai 20 anos. Un tempo en que a lingua galega, grazas ao talento de artistas de moi diferentes ámbitos (cinema, música, literatura...), está a acadar unha proxección e un recoñecemento xamais vistos non está a ser acompañado por unha política lingüística que estea á altura, máis ambiciosa e planificada e cuxo fin sexa “conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso” (obxectivo xeral número 2 do PXNLG). Avogamos, en definitiva, por que o peso adquirido na nova estrutura da Xunta de Galicia non fique só nunha cuestión denominativa e por non demorar máis un cambio de rumbo que necesariamente ha de pasar pola recuperación do consenso, a eliminación de toda medida antinormalizadora e a apertura dunha nova etapa.


Ligazóns relacionadas


Comunicado da CTNL no vixésimo aniversario do PXNLG, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego