CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


6719 votos
Xa votaches!


16-06-2008

Camballón Mix n.º 2

Camballón Mix n.º 2O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística / Club da Lingua do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces acaba de editar o Camballón Mix n.º 2, unha compilación de "música galega moderna, á última, actual, in..., nada de vellos clásicos". Os vinte temas que forman a selección foron escollidos polas alumnas e alumnos do centro, que no curso 2006/2007 xa editaron o Camballón Mix n.º 1.

"Bilingüismo harmónico", de Leo i Arremecaghona; "Calamar", de The Homens; "Nadia", de Ataque Escampe; "Desexos", de Nao; "Tiven un bar", de Zënzar..., e así até 20 temas forman o Camballón Mix n.º 2, a compilación feita polo ENDL do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces.

Ao longo do ano os rapaces e as rapazas van escoitando música galega moderna de todos os estilos e contra final de curso editan un CD cos temas favoritos. Logo do éxito da primeira edición, na que o Camballón Mix n.º 1 acado as 200 copias iniciais e todas as que logo fixeron as rapazas e os rapaces pola súa conta, neste curso 07/08 repiten a experiencia.

Esta é unha iniciativa de interese para a difusión da música en galego e do galego a través da música.

Nesta liña, outra experiencia tamén de moito interese que se desenvolve nun centro de ensino é o proxecto Musigal, do CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego