CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8387 votos
Xa votaches!


18-08-2008

Convocatoria de axudas á produción de longametraxes en lingua galega

Axencia Audiovisual GalegaA Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Axencia Audiovisual Galega, publicou no DOG a convocatoria de axudas para producións e coproducións audiovisuais en lingua galega. Destínanse a este fin 3,1 millóns de euros.

As axudas á produción recollen diversos tipos de obra. Dentro das longametraxes de ficción distínguese entre longametraxes cinematográficas, óperas primas e telefilmes. Nas longas cinematográficas as axudas poden chegar ao 30% do investimento, cun máximo de 300.000 euros, que poden ser 400.000 no caso da animación. Para as óperas primas, a subvención máxima será do 40%, cun tope de 300.000 euros. No caso dos telefilmes, será do 30% cun máximo de 150.000 euros.

Nas longametraxes documentais distínguese entre documentais de creación, que poden recibir até o 50% cun máximo de 60.00 euros; e documentais de difusión cultural, no que o tope é do 50% con até 50.000 euros. Por último, subvenciónanse longametraxes en soporte dixital con até o 60% do investimento, cun máximo de 100.000 euros.

As axudas teñen un carácter plurianual, para os anos 2008 a 2011. Da cantidade fixada, 700.000 euros concederanse para este ano, e 800.000 para cada un dos anos vindeiros.

A convocatoria completa, en formato .pdf, aquí.


Ligazóns relacionadas

Axencia Audiovisual Galega Consellaría de Cultura e Deporte

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego