CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


9966 votos
Xa votaches!


05-09-2008

II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña
A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, coa colaboración e xestión da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), convoca para o 22 de outubro de 2008 o II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña.


[Programa completo en .pdf]

OBXECTIVOS DO ENCONTRO
  • Pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais da Coruña para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística


  • Debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego


  • Dar a coñecer entre os/as distintos/as responsábeis políticos/as propostas de acción e coordinación para a promoción social do uso da lingua galega desde a administración local


  • Deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións


TEMAS QUE SE TRATARÁN
  • A normalización lingüística desde as cidades


  • Convenios de colaboración entre a Deputación da Coruña e os concellos da provincia


  • Os perfís lingüísticos dos/as traballadores/as da administración


  • Experiencia concreta de acción conxunta: a coordinación entre os equipos de normalización lingüística e os servizos de normalización lingüística


PARTICIPACIÓN

Poden participar neste encontro alcaldes e alcaldesas dos concellos da Coruña; responsábeis políticos/as municipais da área de política lingüística; técnicos/as de normalización lingüística dos concellos da Coruña, entidades implicadas na normalización lingüística (institucións, asociacións, empresas...)

É necesario confirmar a asistencia até o 10 de outubro nos teléfonos 981 080 358 ou 981 080 300 extensión 4342.

DATA

22 de outubro de 2008

LUGAR

Pazo de Mariñán (Lugar de Mariñán s/n, Bergondo).

PROGRAMA

10.00 h: Recepción de participantes.

10.30 h. A normalización lingüística nas cidades
Debate entre:
- Ermitas Valencia Romar, concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
- Javier Galán Pérez, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol
- Guadalupe Rodríguez Silva, concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela
- Condutor: Anxo Quintela, xornalista da Radio Galega

12.00 h. Pausa e café compartido

12.30 h. Os perfís lingüísticos na administración local
-Alba Nogueira, profesora de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

13.30 h. Presentación do Programa de cooperación da Deputación da Coruña cos concellos da provincia para a creación ou mantemento dos SNL. Período 2009-2011
- Xoán Manuel Sande Muñiz, deputado de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
- Juán Bautista Suárez Ramos, interventor adxunto da Deputación da Coruña

14.30 h. Xantar conxunto

16.30 h. Experiencia concreta de acción conxunta: o SNL Terra de Melide. A coordinación entre os equipos de normalización lingüística (ENDL) dos centros de ensino e os servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos.
- Paco Veiga, docente IES de Melide
- Xesús Freire, técnico do SNL de Santiso
- Mercedas Queixas Zas, coordinadora territorial dos ENDL

18.00 h. Resumo humorístico da xornada narrado por Cándido Pazó

19.00 h. Conclusións do enconctro

ORGANIZA: Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

COLABORA E XESTIONA: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)


Ligazóns relacionadas


Programa do II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego