04-11-2008Convocatoria de contrato da Mesa pola Normalización Lingüística
A Mesa pola Normalización Lingüística precisa incorporar unha persoa para realizar diferentes tarefas dentro da asociación.
O perfil que se precisa é o seguinte:
- coñecemento e identificación cos obxectivos da asociación
- bo galego oral e escrito;
- posibilidade de desprazamentos habituais;
- experiencia en traballos cara ao público;
- iniciativa propia;
- responsabilidade;
- coñecementos de informática a nivel de usuario;
- carné de conducir e vehículo propio.
O currículo pódese enviar por correo electrónico (amesa@amesanl.org), por correo postal (Apartado 247 - 15705 Santiago de Compostela) ou entregalo no local (Rúa do Vilar, 15 - 1º dereita, Santiago de Compostela).