CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


11937 votos
Xa votaches!


18-11-2008

Xornada de servizos e produtos para a dinamización lingüística no marco do Cultur.gal

A CTNL organiza a Xornada de servizos e produtos para a dinamización lingüística no marco do Cultur.gal, unha xornada que vai dirixida, dunha banda, ás empresas que desenvolven e/ou ofrecen produtos e servizos directamente relacionados coa dinamización lingüística e, doutra, aos coordinadores e responsábeis dos servizos de normalización lingüística (SNL) e dos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino.

Nesta xornada, que terá lugar o 5 de decembro a partir das 17:00 h, unha serie de entidades presentaralles directamente os seus servizos, propostas, accións, produtos e actividades aos/ás traballadores/as de normalización lingüística e aos/ás coordinadores/as dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino que estiveren interesados/as.

Cada entidade fará unha breve presentación duns 10 minutos daquelas propostas máis axeitadas para poder ser contratadas por un SNL ou ENDL e entregaralles aos/ás técnicos/as e coordinadores/as participantes un dossier con información sobre as súas propostas.

As presentacións das empresas participantes, un total de sete, faranse de xeito continuado. Será despois destas presentacións e dunha pequena pausa cando se poderá facer un contacto directo con elas, pois as súas persoas responsábeis permanecerán na sala para que as persoas interesadas nas propostas que ofrecen poidan solicitar información máis concreta, intercambiar datos de contacto, solicitar informes con algunha proposta máis específica, orzamento, etc.

Obxectivos

  • Favorecer o achegamento de traballadores/as de normalización lingüística das diversas entidades coas empresas que desenvolven produtos e servizos útiles para o traballo en servizos de normalización lingüística (SNL), equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL), etc.

  • Facilitarlles aos/ás traballadores/as de dinamización lingüística o coñecemento de servizos, accións, propostas, actividades, produtos, etc., desenvolvidos por empresas e que poden ser contratados por SNL e ENDL


Destinatarios/as

  • Por un lado, empresas que desenvolven e/ou ofrecen produtos e servizos directamente relacionados coa dinamización lingüística

  • Por outro lado, coordinadores/as ou responsábeis de departamentos ou equipos de normalización e dinamización lingüística (SNL, ENDL, etc.)


Día e hora
Venres 5 de decembro de 2008, de 17.00 h a 20.00 h

Lugar
No marco de Cultur.gal 08, en Palexco (Peirao de Transatlánticos s/n. A Coruña)

Programa

  • 17.00 h: Recepción-presentación da xornada


  • 17.15 h: Presentación de servizos e produtos para a dinamización lingüística

    • Producións Teatrais Talía

    • Kalandraka

    • Asociación de Medios Escritos en Galego (AME)

    • Eme2 emoción&arte

    • Tagen Ata Lingua e Comunicación

    • A Mesa pola Normalización Lingüística

    • Reverso Servizos Lingüísticos




  • 18.45 h:Pausa


  • 19.00 h: Contacto directo bis a bis empresa-cliente


Preinscrición para a actividade

Para inscribirse nesta actividade dirixida a profesionais é preciso cubrir o formulario que está dispoñíbel na páxina web do Culturgal. O prazo de inscrición remata o vindeiro 2 de decembro e que as prazas se cubrirán por orde de inscrición.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego