CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


9072 votos
Xa votaches!


02-01-2009

Convocado o Premio Linguapax 2009

LinguapaxO Institut Linguapax convoca unha nova edición do premio anual que quere contribuír ao recoñecemento de lingüistas, investigadores/as, docentes ou membros da sociedade civil que destacan na promoción da diversidade lingüística e/ou da educación multilingüe.

Os Premios Linguapax son outorgados anualmente polo Instituto Linguapax, e son un recoñecemento público á dedicación de persoas que destacan na promoción da diversidade lingüística e que contribúen a mellorar a situación sociolingüística dunha comunidade ou país.

Deste xeito, xa recibiron este galardón persoas como Neville Alexander (2008), Maya Khemlani David (2007), Natividad Mutumbajoy (2006), Maurice Tadadjeu (2005), Fernand de Varennes e Joshua Fishman (2004), Aina Moll e Tove Skutnabb-Kangas (2003) ou Bartomeu Melià e Jerzy Smolicz (2002).

As candidaturas para a edición de 2009 poden enviarse, xunto cunha breve recensión biográfica, á secretaría do Instituto Linguapax (info@linguapax.org) antes do 20 de xaneiro de 2009.

O gañador ou a gañadora do premio darase a coñecer o 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego