CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8513 votos
Xa votaches!


21-01-2009

Praza de técnico/a de lingua e cultura no Concello de Ribadeo

Concello de RibadeoO Concello de Ribadeo convoca unha praza de técnico/a de lingua e cultura pola modalidade de obra ou servizo determinado, cunha duración do contrato até o 31 de decembro de 2009. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 28 de xaneiro.

As funcións que son obxecto do contrato serán as tarefas de planificación e de elaboración de actividades de normalización lingüística, implementación das xa previstas e asesoramento en actividades culturais á concelleira de Cultura.

REQUISITOS
  • Xerais. Ser español ou española, cidadán ou cidadá dun estado membro da UE nos termos da Lei 17/1993, do 23 de decembro, ou estranxeiro residente en España en situación de legalidade que sexa titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral, ter 16 anos cumpridos, non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións, non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo en calquera das administracións públicas nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

  • Específicos. O título de licenciado/a en Filoloxía Galega.



CRITERIOS DE SELECCIÓN
O método de selección é o concurso-oposición. Na fase de concurso valoraranse os seguintes méritos:
  • 1.Valoración de servizos prestados cunha puntuación máxima de 4,00 puntos.



    • 1.a Por servizos prestados no Concello de Ribadeo, en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da prazas a que se opta (0,05 puntos/mes completo ou fracción)
    • .
    • 1.b) Por servizos prestados noutras administracións públicas, en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza (0,03 puntos/mes completo ou fracción)



  • 2.Por cursos relacionados coa actividade impartidos pola Administración pública ou entidades delas dependentes ou homologados, até un máximo de 2 puntos.

    • 2.a Cursos de máis de 100 horas (0,75 puntos)

    • 2.b Cursos de 70 a 100 horas (0,50 puntos)

    • 2.c Cursos de 40 a 70 horas (0,35 puntos)

    • 2.d Cursos de 15 a 40 horas (0,20 puntos)

    • 2.e Cursos de menos de 15 horas (0,10 puntos

    • 2.f Cursos, xornadas, etc., en que non figure o número de horas 0,05 puntos



  • 3. Experiencia até un máximo de 2 puntos. Experiencia na organización, en sentido amplo, de actividades socioculturais no ámbito cultural galego, á marxe das administracións públicas e experiencia en traballos relacionados, en sentido amplo, coa lingua galega e a súa normalización, á marxe das administracións públicas (até 2 puntos).


  • 4. Outros méritos, até un máximo de 2 puntos. Publicación realizadas e cursos impartidos no ámbito da lingua e cultura, até un máximo de 2 puntos.



A proba escrita consistirá na realización dun exercicio escrito, cun máximo de 60 minutos de duración, relativo ás funcións dun técnico/a para o desenvolvemento das funcións relativas á normalización lingüística do idioma galego e desenvolvemento das actividades culturais na Delegación Municipal de Cultura. No ámbito da normalización lingüística consistirá na tradución e corrección dalgún texto, deseño e coordinación de campañas ou traballos de dinamización social da lingua galega e tocante ás funcións para o desenvolvemento das actividades culturais no deseño e coordinación xeral das actividades culturais que organiza a Delegación de Cultura. Para a superación da proba precisarase obter polo menos 5 puntos. De non obterse será causa de exclusión e non se procederá a valoración dos méritos.

CONVOCATORIA COMPLETA [.pdf, 13 KB]


Ligazóns relacionadas


Convocatoria de técnico/a de cultura e lingua no Concello de Ribado 09 [.pdf, 13 KB]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego