CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


6584 votos
Xa votaches!


18-03-2009

Os datos de uso do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 alertan dun forte descenso no número de galegofalantes

Mapa Sociolingüístico de GaliciaA Real Academia Galega (RAG) acaba de distribuír o segundo volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04), correspondente aos usos lingüísticos, e no que se constata un forte descenso do uso do galego nos últimos anos.

Aínda que a Real Academia Galega (RAG) non presentou publicamente nin fixo unha valoración sobre os datos, estes transcenderon a raíz do informe [.pdf, 173 KB] e da valoración pública que fixo A Mesa pola Normalización Lingüística.

Segundo os datos deste estudo sociolingüístico, obtidos a partir dunha mostra de máis de 9000 enquisas realizadas en 2004, o número de persoas que empregan só o galego son practicamente a metade que en 1992 (16% en 2004, fronte ao 30,5% dos datos do MSG-92), e duplicouse o número de persoas que empregan só o castelán (25,8% en 2004, fronte ao 13% en 1992). Ademais, amósase como a xente que di utilizar as dúas linguas, utiliza cada vez máis o castelán. Mentres en 1992 dicía utilizar máis galego o 30,5% da poboación, en 2004 é o 22,9% quen di utilizar máis galego; e mentres en 1992 dicía utilizar máis castelán o 26% da poboación, en 2004 é o 35,3%.

Aínda que a perda de galegofalantes é xeral, cómpre salientar a grave situación do galego nas cidades, onde cada vez predomina máis o castelán. Son de salientar, por exemplo, os datos de Ferrol, onde a suma de xente que fala só ou maioritariamente castelán chega ao 85%; de Vigo e A Coruña, onde chega ao 81,9%; ou de Pontevedra, onde chega ao 75,9%. Ademais, en ningunha das cidades o uso do galego é superior ao uso do castelán.

Os datos deste segundo volume sobre os usos lingüísticos do MSG-04 non están aínda dispoñíbeis en versión electrónica, e a edición en papel foi distribuída en librarías (en versión electrónica só está dispoñíbel, polo momento, o primeiro volume, correspondente a lingua inicial e competencia lingüística [.pdf, 7,30 Mb], que se deu a coñecer a finais de 2007).

A valoración e o informe feito pola Mesa podes descargalo aquí.

Algúns medios xa se fixeron eco dos datos. Entre outros, estes:


Ligazóns relacionadas


Informe e valoración feita pola Mesa pola Normalización Lingüística

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego