CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8522 votos
Xa votaches!


21-03-2009

O Concello de Cabana de Bergantiños convoca unha praza de técnico/a en normalización lingüística

Concello de Cabana de BergantiñosO Concello de Cabana de Bergantiños convoca unha praza de técnico/a en normalización lingüística na modalidade de persoal laboral a media xornada e cunha duración aproximada do contrato dun ano dende a súa sinatura. O prazo para presentar solicitudes é de dez días naturais que contarán dende se publicaren as bases no BOP da Coruña (21 de marzo de 2009).

A forma de selección para a provisión do citado posto será o concurso de méritos, co seguinte baremo:

  1. Experiencia laboral en servizos de normalización lingüistica: até 2 puntos.

  2. Experiencia laboral por ter traballado como profesor/a de lingua ou literatura galega con colexios públicos ou privados: até 2 puntos.

  3. Experiencia laboral por impartir cursos, seminarios, simposios, congresos, etc.: até 1 punto.

  4. Experiencia laboral por realizar publicacións en lingua galega: até 1,5 puntos.

  5. Formación. Asistencia a cursos, congresos, simposios, directamente relacionados coas funcións da praza: até 1 punto.

  6. Formación. Asistencia a cursos de informática: até 0,50 puntos.

  7. Entrevista curricular: até 3 puntos.



As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán presentarse no modelo oficial que facilitará o Concello, no prazo de dez días naturais, que contarán a partir do seguinte ao se publicaren estas bases no Boletín Oficial da Provincia, debidamente cubertas e acompañadas da seguinte documentación:



  • unha copia do DNI

  • unha copia da titulación requerida para participar no proceso selectivo (licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente, Filoloxía Galego-Portuguesa ou Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-Portugués)

  • unha copia de todos os documentos xustificativos dos méritos que se alegaren



Logo de concluír o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde no prazo máximo de tres días, declarará aprobada a listaxe de persoas admitidas e excluídas, que se publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal. Nela indicaranse as causas de exclusión e abrirase un plazo de cinco días hábiles para emendar as solicitudes. En todo caso, na listaxe definitiva, que se publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal, determinarase igualmente o lugar, a data e a hora en que comezarán as probas, así como a relación nominal dos membros que comporán o tribunal cualificador.


Podes consultar as bases deste proceso nesta ligazón.




Ligazóns relacionadas


Descargar

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego