CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8256 votos
Xa votaches!


27-03-2009

IV Seminarios de Dinamización Lingüística no ensino

IV Seminarios de Dinamización Lingüística no EnsinoA Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa veñen de convocar os IV seminarios de dinamización lingüística que se realizarán en dúas quendas: unha primeira nas cidades da Coruña (IES Rafael Dieste), Lugo (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes), Ourense (IES Universidade Laboral) e Vigo (IES Alexandre Bóveda) os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de abril, e unha segunda en Pontevedra, Santiago e Ferrol os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de maio.

Os obxectivos destes IV seminarios son comprender a importancia dunha planificación lingüística axeitada para acadar a competencia nas dúas linguas oficiais; crear un espazo de referencia para a divulgación de estratexias, ferramentas e recursos para os ENDL; e dar a coñecer experiencias viables e realistas que se están a desenvolver nos centros de ensino.

O prazo para se matricular para a primeira quenda remata o 13 de abril e pode facerse a través da ferramenta da Consellaría de Educación para a formación do profesorado (www.edu.xunta.es/fprof)

O número de prazas dispoñibles para asistir é de 50 e terán preferencia os coordinadores e coordinadoras de ENDL; en caso de ficaren prazas libres accederá a estas todo o profesorado que o solicitar dentro do prazo até cubrir as 50 prazas.

Podes consultar o programa da edición da Coruña nesta presentación ou descargalo no documento anexo:



Ligazóns relacionadas


Programa dos IV Seminarios de Dinamización Lingüística no Ensino

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego