CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


6931 votos
Xa votaches!


28-04-2009

O galego medra contigo! Maio encherá A Coruña de actividades de promoción lingüística

O galego medra contigoDurante todo o mes de maio toda a cidade da Coruña encherase de diversas actividades para que pequenos/as e mozos/as poidan gozar da lingua galega. Unha carpa móbil percorrerá os diversos barrios con animación de rúa, concertos, teatro, animación á lectura, exposición de materiais, etc.

O Campo da Leña, Novo Mesoiro, Salvador de Madariaga, a Praza das Conchiñas, a Praza Elíptica e a Praza de Pablo Iglesias da Coruña acollerán durante o mes de maio unha carpa móbil chea de actividades para nenos e nenas na que estarán Os Manicómicos, Mamá Cabra, Migallas, Falcatrúa, Casahamlet, etc., con música, animación, monicreques, teatro, actividades variadas, etc., ademais de exposición de materiais en galego e sorteos.

Deste xeito, a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, en colaboración coa Concellaría de Cultura, poñen en marcha o programa de actividades O galego medra contigo.

Ademais de todas esas actividades da carpa móbil, tamén se van desenvolver outras por toda a cidade e organizadas por diversas entidades, como un concerto cos grupos Chámalle Xis, Sonoro Maxín e Berri Txarrak, ciclos de conferencias, maratóns de lectura, outros concertos, etc.

O programa completo pódese descargar en .pdf aquí. Tamén se pode obter máis información no blog do SNL do Concello da Coruña.


Ligazóns relacionadas


Programación completa de actividades do mes das Letras na Coruña

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego