CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7088 votos
Xa votaches!


06-05-2009

Maio: mes da lingua en Pontevedra

Mes da lingua en PontevedraO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presentou o programa que, baixo a denominación de "Maio, mes da lingua", se vai desenvolver durante o presente mes na cidade do Lerez, e que inclúe numerosas actividades organizadas por diferentes entidades do municipio. O programa está organizado polo Concello de Pontevedra e pola Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL).

Entre as numerosas actividades destaca a programación pensada e realizada en colaboración cos institutos da cidade "Ben veñas, maio" en que a mocidade da cidade participará en diversas disciplinas como música ou teatro, en que traballan ao longo do curso. A actividade remata o día 16 de maio, cun acto no que se entregan os premios das diferentes disciplinas.

Tamén destacan as actividades programadas para celebrar o Día das Letras Galegas co fin de darlle a coñecer a figura de Ramón Piñeiro á cidadanía.

O programa inclúe roteiros culturais, cinema a cargo do Cineclube ou a presentación dun libro coa toponimia do río dos Gafos en que colaboraron veciños e veciñas de Tomeza, do Gorgullón, de Vilaboa... e de todos aqueles lugares que regan as augas do Gafos.

Podes consultar o programa completo de actividades nesta ligazón.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego