CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


9942 votos
Xa votaches!


15-05-2009

A CTNL fai un chamamento á participación masiva na manifestación en defensa da lingua do 17 de maio

Manifestación 17 maio 2009A CTNL apoia a manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para o domingo 17 de maio para que a cidadanía poida expresar o seu apoio á defensa e promoción da lingua galega.

A entidade que agrupa aos/ás profesionais da normalización apoia tamén o comunicado “Unha lingua para todos”, da Real Academia Galega.


A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), entidade que agrupa aos/as profesionais que traballan en normalización lingüística, apoia a manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística que o domingo 17 de maio partirá ás 12.00 h da Alameda de Santiago de Compostela co lema O galego, a nosa columna vertebral. O idioma que nos une!

A CTNL apoiou tamén o Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego, que hai uns meses impulsou unha serie de persoas representativas de diferentes ámbitos da sociedade galega e que foi apoiado xa por arredor de 500 entidades de todos os ámbitos e por arredor de 20.000 persoas a nivel individual. Neste texto é onde se recollen tamén as reivindicacións principais da manifestación do 17 de maio.

A normalización lingüística é un proceso social que debe ser asumido pola propia cidadanía, mais as administracións teñen a obriga e responsabilidade de apoiar e promover ese proceso. Por iso é importante a implicación cidadá, entre outras cousas, participando nesa manifestación do 17 de maio, para así reclamarlle á administración o apoio ao proceso social de normalización lingüística e solicitarlle que, en todo caso, non se poden ser pasos atrás.

MANIFESTO UNHA LINGUA PARA TODOS

A CTNL considera moi acertado e necesario o comunicado que a Real Academia Galega (RAG) fixo público recentemente, Unha lingua para todos, na procura dun acordo social integrador a prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma galego, apoiado en catro principios básicos: arredar a lingua galega da controversia partidaria, impulsar a formación en multilingüismo, reafirmar e desenvolver o aprobado por unanimidade Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG) e impulsar a cooficialidade simétrica do galego.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego