CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


11464 votos
Xa votaches!


08-06-2009

Unha sentenza converte en indefinido o contrato do técnico de normalización lingüística de Vimianzo por ter que realizar funcións distintas ás propias do posto

Castelo de VimianzoO Xulgado do Social n.º 2 da Coruña declarou improcedente o despedimento do técnico de normalización lingüística de Vimianzo ao considerar que o seu contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado se converte en contrato indefinido polo feito de ter que desenvolver tarefas propias do servizo de Cultura que van máis aló das funcións estabelecidas como técnico de normalización lingüística

Como no seu día xa denunciou a CTNL, en outubro de 2008 o Concello de Vimianzo decidiu eliminar o seu Servizo de Normalización Lingüística e despedir ao seu técnico, que até ese momento estaba contratado polo Concello por obra ou servizo determinado no marco do convenio de cooperación subscrito entre a Deputación da Coruña e a propia entidade municipal para financiar o mantemento dese SNL.

Logo do despedimento, o técnico de normalización lingüística puxo o seu caso en mans da xustiza, que o día 19 de maio de 2009 ditou sentenza.

Nesta sentenza do Xulgado do Social n.º 2 da Coruña fundaméntase que, segundo a doutrina da Sala do Social do Tribunal Supremo, os requisitos que condicionan a validez do contrato de traballo por obra ou servizo son 1) Que a obra ou o servizo contratado presente autonomía e substantividade propia, dentro do que é a actividade da empresa; 2) Que a súa execución, aínda limitada no tempo, sexa en principio de duración incerta; 3) Que no momento da contratación se especifique e identifique, con suficiente precisión e claridade, a obra ou o servizo en que vai ser empregada a persoa traballadora; e 4) Que no desenvolvemento da actividade laboral, a persoa traballadora sexa ocupada normalmente na execución daquela ou no cumprimento deste e non en tarefas distintas.

Deste xeito, probouse que durante a vixencia da relación laboral entre o Concello e o técnico de normalización, este non se limitou a desenvolver funcións de asesoramento lingüístico e de promoción da lingua galega, senón que por orde das persoas responsábeis realizou tarefas diversas, propias do servizo de cultura, tales como atención ao público na Biblioteca Municipal; acompañamento de grupos e visitas guiadas ao Castelo de Vimianzo; atención ao público, tarefas administrativas ou redacción e envío de notas de prensa sobre actividades do Servizo de Cultura e Deportes, etc.

Así, a sentenza estabelece que se produciu unha desnaturalización do contrato temporal, xa que o técnico non só prestou os servizos pactados como normalizador lingüístico, senón que tamén prestou outros que se consideran normais e permanentes dentro das competencias propias da Concellaría de Cultura na que estaba integrado. E a consecuencia que disto se deriva é a conversión do seu contrato en indefinido, polo que o seu despedimento é improcedente, e non derivado da conclusión do servizo prestado.

A sentenza obriga ao Concello a optar entre a readmisión do traballador ou a indemnización.

Desde a CTNL difundimos aquí esta sentenza [.pdf, 1,79 MB], que pode ser de grande interese para outros/as técnicos/as de normalización lingüística contratados/as temporais por obra ou servizo determinado e que estean desenvolvendo funcións distintas ás propias do posto.


Ligazóns relacionadas


Sentenza do Xulgado do Social n.º 2 da Coruña que declara improcedente o despedimento do TNL de Vimianzo [1,79 MB]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego