CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


7995 votos
Xa votaches!


04-02-2008

A CTNL solicítalle a Política Lingüística a inmediata convocatoria das axudas para normalización lingüística nos concellos e a modificación dos seus obxectivos

· Debido a que a día de hoxe aínda non existe o Consorcio de Planificación Lingüística, é necesario que a Xunta de Galicia convoque de inmediato as axudas para a normalización da lingua galega desde as administracións locais.

· Ante a escasa incidencia que tiveron estas axudas en anos anteriores, é preciso que se modifiquen os seus obxectivos, o obxecto, as funcións propostas para os servizos de normalización lingüística (SNL) e os criterios de concesión.


A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) solicitoulle á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que, debido a que en febreiro de 2008 aínda non existe o xa anunciado para 2007 Consorcio de Planificación Lingüística, se convoquen de inmediato as axudas para a normalización da lingua galega desde as administracións locais.

Nun escrito dirixido á secretaria xeral, Marisol López, a CTNL expón que en novembro de 2007 xa elaborou un informe sobre a escasa incidencia que tiveron na creación e consolidación real de SNL as axudas que a Xunta lles concedeu para ese fin ás entidades locais. Dese informe desprendíanse, como principais datos, que dos 41 concellos aos que a Xunta lles concedeu unha subvención en 2007 para a creación dun SNL, só 26 crearon finalmente ese servizo, dos que 19 volveron pechalo despois de 2 ou 3 meses de actividade e só 7 tiñan previsto mantelo activo máis aló de finais de ano.

A CTNL detectou que os motivos desa escasa incidencia das subvencións no incremento e estabilidade de SNL son, principalmente, dous: a tardanza habitual na publicación da convocatoria e o obxecto, os obxectivos, as funcións propostas para os SNL e os criterios de concesión das propias axudas.

Estas subvencións ás entidade locais para a normalización lingüística deberían servir para potenciar a creación de estruturas estábeis de intervención social para o fomento do uso do galego entre o conxunto da cidadanía desde os concellos. Isto é, para a creación e estabilización de servizos de normalización lingüística territoriais dotados de recursos materiais e humanos suficientes e con capacidade de intervención no conxunto da sociedade (mentres non se cree o xa anunciado para 2007 Consorcio de Planificación Lingüística e mentres del non poidan formar parte todos os concellos que libremente queiran adherirse para así ir creando estruturas comarcais de planificación e intervención lingüística que traballen de xeito coordinado).

Anteriormente, en xuño de 2007, a CTNL xa lle enviou ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, con copia para a secretaria xeral de Política Lingüística e para a directora xeral de Administración Local, todas as achegas e datos relativos a esta situación, mais, polo momento, non foron tidos en conta.


Ligazóns relacionadas

Esixen axudas para normalizar a lingua 'de inmediato' [A Nosa Terra, 3/2/08] A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua esixe á Xunta axudas para os municipios nesta materia [Vieiros-EuropaPress, 3/2/08] Piden a Política Lingüística as axudas para a lingua nos municipios [Galicia Hoxe, 4/2/08] A lingua nos concellos: a necesidade doutros criterios e de novas metas [Vieiros, 4/2/08]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego